Skip to Content

Animación á lectura

Contacontos "El abrazo"

O alumnado de 6º preparou este sinxelo contacontos sobre o conto "El abrazo" no que unha tartaruga e un ourizo están un pouco tristes... porque precisan dunha aperta! Porque.... que ben sentan as apertas!

Estámoslle collendo o gusto a representar pequenos contacontos para o alumnado máis pequerrecho do noso colexio e tamén para o veciño da Escola infantil. Desfrutamos nós e desfrutan eles, animándoos así a perderse no marabilloso mundo dos contos!

Pete o gato pasea por Burela!

Estes días parte do alumnado de 6º de Ed. Primaria que colabora coa biblioteca está a realizar un contacontos mediante a técnica do kamishibai. O conto elixido foi unha versión do título Pete o gato e os seus novos zapatos. Nela o gatiño vai visitando lugares da nosa vila e ten algún que outro problema cos seus novos zapatos.  

A historia amosa aos espectadores que cando aparece un problema, debemos buscar unha solución! É un conto moi sinxeliño enfocado aos nenos e nenas máis pequerrechos/as.

Ata o de agora xa fixeron varias actuacións: na veciña Escola Infantil da Galiña azul, á clase de bebés e de un e dous anos e no noso cole, a todo o alumnado de Ed. Infantil.

Unha vez finalizadas as representacións o público asistente recibiu un pequeno agasallo: unha máscara do propio gato, que deseñaron para a ocasión.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes das actuacións:

     

 

 

 E tamén o vídeo dunha das sesións de contacontos:

ITINERARIOS LECTORES

Distribuir contido


by Dr. Radut