Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

Para celebrar esta data tan especial, o equipo de biblioteca propuxo as seguintes actividades que se foron realizando ao longo da segunda quincena do mes de abril. Podes acceder á descrición máis detallada no blog A sombra do Érbedo

1. Marcapáxinas de Lemundi, a mascota da biblio, o noso punto de libro personalizado.

marcapáxinas lemundi

2.- Principiño por sorpresa. Con motivo do recente 75 aniversario da publicación de "Le petit prince", de Antoine de Saint-Exupéry, os mestres/as Mª Carmen, Alonso, Isa e Miguel, agasalláronnos entrando nas aulas por sorpresa e compartindo con nós un capítulo deste entrañable libro.

3. O Apadriñamento lector. Xa ven sendo unha tradición, madriñas e padriños lectores escollen libros na biblioteca para lerlles aos máis pequenos. Ler para soñar!

libros feitos por nóss

4. As nosas edicións. Unha exposición de libros feitos por nós de distintas temáticas, entre os que destacan os libros e os cómics que se editaron dentro do proxecto interdisciplinar: Unha niñada de pitos no cole .

- Os alumnos/as de 2º escribiron un libro nun formato moi divertido sobre o "Desenvolvemento dos poliños" dende a fecundación ata que saen do ovo.

- En 6º, aproveitamos a lectura de "A historia da gaivota e do gato que a ensinou a voar " de Luís Sepúlveda para crear cómics. Deixámosvos esta mostra onde queda patente as dotes dos alumnos/as para debuxar e seleccionar as accións máis destacadas desta historia de amizade e afán de superación.

Cómic de Vera Gutiérrez

O 21 de marzo celebramos o día da poesía. 

primavera poetica. Sombradoérbedo

Primavera Poética recolle os versos de  Manuel María e Antonio García Teijeiro, que os alumnos/as escribiron nas folliñas da roseira que decora a nosa biblioteca.

Eliximos a Manuel María en homenaxe ao cincuenta aniversario do  seu libro de poesía infantil: "Soños na Gaiola"  e a  Manuel García Teijeiro, por obter  o premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil pola obra: "Poemar o mar"

primavera poética

Alumnos/as de 6º de primaria, 4º e 6º de infantil

Alumnos/as de 5º e 1º de primaria

Alumnos/as de 4º de infantil e 4º de primaria

Alumnos de 3º e 2º de primaria  

Actividade completa no blog da Biblioteca escolar A sombra do érbedo.

     Enquisas sociolingüísticas 2017/2018  

Esta é unha enquisa para coñecer a situación da lingua galega no colexio e contorna. As contestacións son confidenciais, non se recompilan datos individuais.
Pedimos un esforzo de sinceridade nas respostas.
Procuramos que a linguaxe empregada non sexa sexista polo que, menos onde se indique xénero, nos referiremos a PERSOAS. Así mesmo, nos referimos a "persoas proxenitoras" en lugar do clásico nai/pai de acordo coa normativa (Orde JUS/568/2006, de 8 de febreiro).
MOITAS GRAZAS

logo cole

 

 

Mulleres brillantes

Mural con biografías e retratos dalgunhas mulleres que teñen e/ou tiveron un papel relevante nas artes, na ciencia, nos medios, no deporte...  

Os alumnos/as de 6º de EP realizaron esta actividade de xeito interdisciplinar nas áreas de CCNN, LG, Música e Plástica con motivo do día da 0 discriminación (1 de marzo) e do día Internacional da muller (8 de marzo)

Colaboracións->  Equipo Biblioteca e alumnos/as de 4º e de 2º EP

Debuxo portada: Belén Forneiro

Blog da biblioteca escolar - A SOMBRA DO ERBEDO - Día Internacional da Muller

Fontes consultadas:

A Voz de Galicia. As 100 mulleres galegas que deberías coñecer

Huffpost. Tendencias. Nove inventos que non sabías que eran de mulleres. Cuns debuxos moi interesantes.

neve collage

 

Hoxe o día agasallounos cunhas poucas folerpas, que revolucionaron a clase de infantil.

Foi tal o éxito, que queremos compartir esta actividade con todos vós.

 Titorial para construír un auténtico boneco de neve: 

1. Necesítase neve

Esta vez a cantidade era escasa, pero todo é adaptarse.

2. Hai que experimentar con ela:

Está moooi fría, case que facían falla unhas manoplas! 

Anotade aí: Olor, cor, sabor... Profe, profe, pódese probar???

Ups!! Parece que se derrete...

3. Poñámonos a darlle forma canto antes!

4. Que máis imos a necesitarrrr?

A vasoira nunca pode faltar

Un sombreiro e unha bufanda para que non pase frío.

Ah!! Temos que porlle un nariz de cenoria e tamén uns ollos. 

Isto hai que inmortalizalo!

neve 1

neve 2

 

 

Atentos/as que é acumulativo

meco

Luns día 5: Gafas de sol

Martes día 6: Gafas de sol e algo na cabeza

Mércores día 7: Gafas de sol, algo na cabeza e no pescozo.

Xoves día 8: Gafas de sol, algo na cabeza e no pescozo e un mandil na cintura.

Venres día 9: Disfraz libre

Hoxe, día  Escolar da Paz e da Non violencia, reunímonos todos/as para darlle Voz á Paz. 

Dálle VOZ á Paz from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Este é o Manifesto que escribiron os rapaces e rapazas de 6º no Obradoiro de escritura creativa en Lingua Galega. 

mural da paz

 Este é o mural colaborativo que montamos na entrada do cole.

Romero Britto

 

Animábanos a ir engadindo teselas, para que seguise medrando e enchéndose de cor.

 Só había un requisito: "Intentar manter o estilo de Romero Britto"

Romero Britto É un pintor e escultor brasileño que combina o graffiti, elementos do cubismo e da arte pop.

 

 

Polos Camiños da Paz.

Proxecto: mBotrato

Para conmemorar este día baixamos aos nosos pequenos mBots á entrada do cole para que de xeito incansable percorreran os camiños da paz. Déronnos moi bo exemplo, aínda que algún desorientábase por momentos e había que axudarlle un chisquiño. Como a vida mesma!!

 

Reto: Programar o mBot para que  seguise unha liña  branca, entoase o Himno da  Alegría de Beethoven e mostrase na patalla de LED diversos textos e/ou expresións.

Construímos o circuíto sobre un fondo negro con cinta illante branca.

mBotrato from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Curso de Robótica e Programación: Aula Virtual do CEIP VISTAHERMOSA

Este proxecto parte da biblioteca escolar co obxectivo de achegarlle aos rapaces a cultura xaponesa. 

Cada pobo, cada cultura ten as súas tradicións e manifestacións literarias. Algunhas son comúns a todos os pobos do mundo, como os contos, as lendas, os arrolos,...; outras son propias dun lugar concreto.

Un haiku é un poema breve de orixe xaponesa que emprega unha linguaxe sensorial e trata de evocar no lector, unha imaxe ou un sentimento. 

Métrica: ten tres versos sen rima de 5, 7, 5 sílabas.

A temática: a natureza, un momento especial, as estacións, unha experiencia marabillosa...

 

Fontes consultadas:

http://asombradoerbedo.blogspot.com.es/2017/12/viaxamos-xapon.html

Lingua 6. Ed Anaya Dixital

https://es.wikihow.com/escribir-haiku

Distribuir contido


by Dr. Radut