Skip to Content

Música

Día da Danza: 29 de abril

Dende a área de Música e danza quixemos facer unha mostra de tres tipos de danza: clásica ou ballet, baile moderno e baile galego. Así, o alumnado voluntario preparou os bailes con moito esforzo e adicación.

Por que se celebra o 29 de abril? Este día, do ano 1727, foi cando naceu Jean-Georges Novarre, o creador do ballet moderno.

Dende o ano 1982 foi proclamado pola UNESCO o Día Internacional da Danza.

A case todo o colexio nos gusta danzar, por iso hoxe celebramos este acto con moita ilusión.

As tres danzas elixidas foron as seguintes:

1) Suite Gayane, acto II, Escena 3, titulada “Jealousy”. No. 17 “The girl,s dance” de Aram Kachaturian.

2) Waka waka, interpretada por Shakira.

3) Jota de Alvite. Grupo Tiruleque.

Moitas grazas ás participantes e espero que vivades todos/as a danza!!

 

VIVA A DANZA!!

 

 
 
 
 

Día de Europa: 9 de maio

Co Día de Europa, cada 9 de maio, celebramos a paz e a unidade en Europa.

Para reflectir a unidade no colexio, un grupo voluntario de 3º A e 6º A quixeron tocar o Himno de Europa para o resto de compañeiros/as e para que coñezan os instrumentos de corda.

Así, a melodía que simboliza á UE procede da Novena Sinfonía composta en 1823 por Beethoven, que decidiu poñer música á "Oda á Alegría" escrita por Schiller en 1785.

A "Oda á Alegría" de Schiller expresa a visión idealista da fraternidade entre os seres humanos, visión que Beethoven compartía.

Coñecimos tres dos instrumentos de corda fretada (violín, viola e contrabaixo) e un de corda pulsada (guitarra).

MOITAS GRAZAS POLA VOSA INTERPRETACIÓN, MUSICAZOS!! A SEGUIR!!

Día de Europa

 
 

Concerto didáctico 1º ciclo EP

 

CONCERTO DIDÁCTICO 1º CICLO: “LA MÁQUINA DEL TIEMPO”. SON FUTURO.

O martes 20 de febreiro o alumnado de 1º e 2º asistimos a un concerto didáctico no Palacio da Ópera titulado “La Máquina del Tiempo”. No coche de Willy (Ramiro Neira) que lle regalou seu avó, pero que resultou ser unha máquina do tempo, e con “Los Mecánicos” viaxamos ao ano 1960 gozando de nove cancións de debuxos animados ata os nosos días (dende “Popeye el Marino” ata “Peppa Pig”).

Pasámolo súper súper guai!

Concerto didáctico 1º ciclo EP

 

 

Un Entroido de cine

 

Este curso escolar tratamos o tema "O Cine", por iso aprendemos na clase de música as bandas sonoras de varias películas. Adaptámoslles as letras á música.

 

- e 5º EI: "RESCUE" de "101 DÁLMATAS". MICHAEL KAMEN.

 

- 6º EI e 5º EP: "HE'S A PIRATE" de "OS PIRATAS DO CARIBE". KLAUS BADELT e HANS ZIMMER.

 

- 1º EP: "HAPPY" de “OS MINIONS”. PHARREL WILLIAMS.

 

- 2º EP: "AUGUSTUS GLOOP" de "CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE". DANNI ELFMAN.

 

- EP: Prólogo de "HARRY POTTER". JOHN WILLIAMS.

 

- EP: "SUPERCALIFRAXILISTICOESPIALIDOSO" de "MARY POPPINS". ROBERT B. SHERMAN e RICHARD M. SHERMAN.

 

- EP: "PEACHES" de “SUPER MARIO BROS”. JACK BLACK.

 

Deixámosvos aquí unha mostra da gravación que realizamos cun grupo voluntario.

 

 

 

 

 
 
 
 

Concerto didáctico CMUS

O 29 de marzo de 2023 fomos convidados polo CMUS da Coruña a un Concerto Didáctico titulado “A máquina do tempo”. Asistimos os nenos e nenas de 2º a 5º.

A través desta experiencia viaxamos polo tempo dende o Barroco no século XVII, pasando polo Clasicismo no século XVIII e indo ao séculos XX e XXI.

O alumnado do Conservatorio tocou distintos instrumentos, agrupacións instrumentais e obxectos sonoros: bidóns, piano, clave, quinteto de vento, saxofóns, acordeóns acompañados de frauta travesa e contrabaixo, orquestra de corda fretada e ensemble de guitarras e arpa.

Foi emocionante esa viaxe!! Volvimos fascinados/as!! A música fainos aflorar emocións e o nivel musical foi moi alto.

Grazas!!!

Concerto didáctico CMUS

Bailes Magosto 2022

Aimee plays the saxo

Interpretacións con frauta EP

No seguinte enlace tedes os vídeos das cancións que o alumnado de educación primaria interpretou coa frauta:

Cancións frauta

Has de Cantar. Cantares Gallegos

Interpretación de alumnado de 6º EP.

Letra de Rosalía de Castro e música de Uxía Senlle.

The Syncopated Clock interpretado por 2º Primaria

O alumnado de 2º acompañou a obra "The Syncopated Clock" de Leroy Anderson cos instrumentos P.A.D. (Percusión de Altura Determinada: xyllophones, metallophones and glockenspiels) e os P.A.I. (Percusión de Altura Indeterminada: maracas).
Fixérono fenomenal!!
Escoitádeos!!
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut