Skip to Content

Equipo da natureza

A nosa horta a punto!

Os días 4, 5 e 6 de maio poñeremos a nosa horta a punto!

22 de abril: Día da Terra

O mellor premio de final de curso

Este ano tivemos a sorte de ver como medraban no noso horto algunhas nogueiras. Non sabemos moi ben cal foi a man que as deixou por alí, pero o certo é que  algunhas prenderon e foron cambiadas a macetas a principio de curso. Despois de pasar o proceso de perder as súas folliñas no inverno, parecía que chegaran ao seu fin. Pero a Natureza segue o seu curso e… todas elas convertíronse en preciosas nogueiras que non podían seguir máis tempo esperando a ter un sitio onde vivir.

Así que lanzamos a campaña:  ADOPTA UNHA ÁRBORE!, para falar na casa sobre a posibilidade de plantar un desas arboriñas nun terreo propio, onde puidesen medrar e convertirse en fermosas nogueiras pasado un tempo.
E apareceron os afortunados nenos e nenas que dispoñían dese lugar, nunha aldea, na súa finca, ou na casa dos avós. Tras un emocionante sorteo...
Aquí os tedes, tan felices, co seu mellor premio: un ser vivo que medrará cos seus coidados de cando en vez.
Esperamos ver algunhas fotos cando vaia pasando o tempo. E que disfrutedes moito coa delicia dos seus froitos cando lles chegue o momento de dalos.



Noraboa a todos os premiados!

 

Campaña "Adopta unha árbore"

Seguimos traballando no horto


SEMENTANDO MILLO

Aquí temos aos pequenos de 4 anos que tamén atoparon un lugar no horto para sementar con moito coidado uns grans de millo. Ao rematar un pouquiño de auga e listo! Esperamos que cheguen a medrar moito.

5º Educación Infantil


5º Educación Infantil

5º Educación Infantil
 

FEIRA NO HORTO

Os de 1º A temos unha boa feira no horto. Plantamos chícharos, tomates, pementos, leitugas, repolos, cebolas, cenorias, amorodos e flores. Hoxe tivemos que poñer variñas nos chícharos, para suxeitar as plantas porque todas medraron moitísimo. Observamos a composteira e xa sabemos que temos un hotel de caracois, para sacalos das nosas leitugas sen botar pesticidas.

Traballando no horto



Ultimamente a Tía Pura ten moito traballo que facer. O horto está abarrotado de plantas medrando e algúns paxaros e un par de gaivotas achéganse ata el para buscar o menú do día cando marchamos.

Tía Pura na horta

No mes de marzo, os de Primeiro comenzamos a plantar nos nosos bancais. Traballamos en equipo e aprendemos moito observando tamén as outras plantacións do horto.

 

Preme aquí se non visualizas ben o vídeo

 

Os de Cuarto limpamos o bancal, abonamos con humus de lombriga e plantamos cenorias, amorodos, leitugas e... PATACAS! Mirade o noso vídeo!

Preme aquí se non visualizas ben o vídeo

 

Os nosos amorodos caseiros

Con motivo do Día da Terra aprendemos como sacar e recoller as sementes dos amorodos, que tanto nos gustan nesta época. Aquí vos deixamos un enlace ao vídeo que explica como facelo na casa dun xeito doado. Esperamos que os vosos sementeiros estean cheos de brotes e que poidades comer os amorodos cultivados por vós mesmos.

Bo proveito!

 

 

 

22 de abril de 2021 - Día da Terra

Tantas veces escoitamos iso de “A Nai Terra…”, pero poucas veces nos paramos a pensar sobre a verdade que encerra esa expresión. Por que Nai, se cada un temos a nosa? Pois moi sinxelo, porque ademais da vida que recibimos das nosas nais, hai outra vida que recibimos, cada día, da Terra. Sen ela non teríamos alimentos, nin espazo no que vivir, nin aire que respirar, nin sol que nos dese luz e calor, nin auga doce ou salgada, nin lugares fermosos que contemplar, nin animais incribles cos que compartir tanta abundancia. O que a Terra nos ofrece cada día é o Amor agarimoso dunha nai, que o dá todo para o noso maior ben, sen medida. Así foi sempre e así seguirá sendo…

Ben merece un día da Nai tamén ela. E que reflexionemos un pouquiño sobre o aprecio que lle damos para estar á súa altura.

 

Feliz día, querida Nai Terra! Querémoste!

 

Terra Nai

 

21 de marzo - Día mundial da árbore

Árbore en flor

Este domingo recibimos con ilusión a chegada da primavera e celebramos ademáis o Día Mundial da Árbore.

Dende o Equipo da Natureza animámosvos a prantar algunhas sementes das froitas que consumides nas vosas casas, no almorzo, no xantar, na merenda ou na cea. Se traedes as sementes poderemos plantalas nas aulas e facer o seguimento das mesmas. É posible que moitas “prendan”, e poidamos ter despois algunhas árbores froiteiras, como algunhas das que enchen de cores tantos lugares da terra nestes momentos. Ánimo!, seguro que podemos convertir algunhas delas en fermosas árbores que nos dean froita no futuro.


Adxuntamos un enlace de “El periódico verde” que nos recorda a importancia das árbores.

https://www.ecoticias.com/naturaleza/208516/Dia-Mundial-del-A-rbol-2021


Aquí tedes un par de vídeos que nos achegan ao Val do Xerte, do que proceden moitas das cereixas que disfrutamos no verán.

VIDEOS:

Floración dunha cerdeira:

Se non visualizas ben o vídeo preme en: https://www.youtube.com/watch?v=7_XwFIMJ_Ug

Val do Xerte, o Sakura español:

Se non visualizas ben o víeo, preme en: https://www.youtube.com/watch?v=AdJN4nvVPkU

Novas na horta - Ed.Infantil

En decembro, antes de marchar de vacacións, as alumnas e alumnos de 3 anos A, remataron de plantar os cultivos de inverno. 

3 anos A na horta

 

O alumnado de 5 anos deixou tamén o seu traballo da horta rematado antes do Nadal.

Na horta

Trasplantaron con moito coidado as árboles que prenderan no seu bancal. E non descoidaron a parte artística, decorando as macetas onde quedaron de momento.

na horta 

 

Plantamos entre todos e todas: bulbos de flores, coles, leitugas, acelgas, espinacas e allos.

Temos moita ilusión con velos medrar axiña.

 

Novas na horta - 2º C

Os nenos e nenas de 2°C fixemos un bo traballo en equipo. Limpiamos, preparamos a Terra, abonamos e plantamos con moito coidado os bulbos das flores e as plantas de inverno.

Levamos á composteira os restos dos repolos para esperar a que se convirtan en  compost.  Pasámolo moi ben! Esperamos que no Nadal vaian medrando un pouquiño!

Encantounos atopar esta incrible cenoria no noso bancal!:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut