Skip to Content

Fondo de libros e material

Fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2024/25

Dende o centro educativo poñémonos en contacto con vostedes para comunicarlles que foi publicado no DOG do 20 de maio de 2024, a apertura do prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación abrangue dende o 21 de maio ata o 21 de xuño ambos inclusive.

Instrucións

Prégase a presentación telemática de forma preferente tal e como se dispón na Orde seguindo os pasos que alí se indican.
Aquelas familias que desexen entregar a solicitude presencialmente poden facelo respectando na medida do posible as quendas que máis abaixo se indican.

Horarios entrega solicitudes

As solicitudes entregaranse presencialmente, preferentemente, do seguinte xeito:

  • Do 21 ao 27 de maio, alumnado que cursará 1º ou 2º de Primaria.
  • Do 28 de maio ao 3 de xuño, alumnado que cursará 3º ou 4º de Primaria.
  • Do 4 ao 8 de xuño, alumnado que cursará 5º ou 6º de Primaria (só solicitude de material).
  • O alumnado que se matricule en 1º da ESO deberá presentar a solicitude no instituto asignado. No caso de que non saiban que instituto se lles asignou presentarán a solicitude no noso centro educativo e será remitida ao IES correspondente en canto a familia nolo comunique.
  • Aquelas familias que teñan varios fillos/as matriculados no noso centro só presentarán unha solicitude para todos os irmáns.
  • Rogamos, na medida do posible, que respecten as quendas propostas para presentar as solicitudes.

Formularios e documentación

Os formularios pódense descargar na aplicación Fondolibros, nesta mesma páxina ou recollelos en conserxería.

a) Anexo I e II (entregar debidamente cubertos e asinados).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

c) En caso de separación o divorcio, ademais, deberán aportar la sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos socias ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

En casos especias, nos que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde, aportarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

d) Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

e) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

f) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres no se produza a revisión desta medida.

g) Resolución administrativa o xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela o garda da Xunta de Galicia.

h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos socias ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, en caso de que o pai, a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

i) Outra documentación que consideren necesaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut