INICIO DE CURSO 23/24
Estimadas familias:
Benvidas a un novo curso. A continuación detallamos os puntos máis importantes para ter un bo comezo:
- O curso comezará o día 11 de setembro
- O horario da entrada será de 9:15h a 9:30h.
- O alumnado de E.Infantil entrará pola cancela do seu edificio.
- O alumnado de transporte escolar entrará polo portalón principal.
- O resto do alumnado pola cancela darriba a carón da gardería.
- Cando se chegue fóra de hora, deberán entrar cos nenos ao centro ata conserxería, onde asinarán o documento
oportuno.
-
Horario de clase:
- De 9:30h a 14:30h(os que non quedan ao comedor).
- De 9:30h a 15:30h(os usuarios do comedor). Primeiro sairán os de transporte escolar e a continuación os
particulares.
- O Primeiro día de clase, 11 de setembro de 2023, haberá horario completo con comedor. Neste día, o alumnado só precisan traer a merenda, un estoxo e unha libreta.
O alumnado de 1º de primaria, este primeiro día, poderá estar acompañado no patio cuberto por un pai/nai ou familiar ata a entrada nas aulas.
-
Neste curso, os días de atención aos pais, nais e titores legais serán os MARTES de 16:00h a 17:00h.
- Os días non lectivos acordados polo centro, estamos á espera de concretar co IES. En principio un dos días será o 2 de febreiro, o segundo informaremos por Abalar e na Web en canto o saibamos.
- Todas as familias que solicitaron comedor no mes de xullo, están admitidas.
-
Tamén queremos informar que segue aberto o prazo para presentar as solicitudes de colaborador/a de comedor escolar.
Rogamos teñan en conta as normas anteriores para facilitar unha boa convivencia dentro da comunidade educativa.
Valga a 08 de setembro de 2023
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir