Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

Ed. Física

ACROSPORT 6ºB

Se queredes ver o traballo dos nenos e nenas de 6ºA neste trimestre, podedes clickar no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/sr9giJ6KM6f752Lm9

ACROSPORT 6ºA

Se queredes ver o traballo dos nenos e nenas de 6ºA neste trimestre, podedes clickar no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/GdyBZqyKCJNqPQwp6

Sesións de Judo, cursos 4º, 5º e 6º de E.Primaria

Bo día, durante esta semana estivemos a celebrar nas sclases de Educación Física, unhas sesións de Judo a cargo do profe Toño, monitor do Judo Club Senín, para dar a coñecer esta nova actividde que oferta a ANPA para este curso escolar, que será os venres de 15:30 a 16:30 no ximnasio do centro. Aqueles que estean interesados en unirse, terán que poñerse en contacto coa ANPA do centro.

Aquí vos deixo un elace para poder acceder ás fotos que fixemos nas sesións.

Un saúdo, Lita.

https://photos.app.goo.gl/mJMC692dsEar4Jb98

SAMAÍN OU HALLOWEEN?

CARREIRA POLA LINGUA

PROPOSTA PARA O VERÁN: ESCOLA DE PIRAGÜISMO

Bo día chicos, coma este curso non puidemos levar a cabo a Unidade Didáctica de Piragüismo nas clases de Educación Física, anímovos a que vos apuntedes á escola de verán que fai o CN Pontecesures e pasedes un bo verán practicando este deporte.

Ánimo e bo verán a todos!!

 

s.

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Na páxina web do Consello Xeral da Educación Física e deportiva "COLEF" tedes información sobre un evento que se vai celebrar mañá día 28 de abril e nivel estatal.

De seguido, nesta ligazón podedes acceder á web de COLEF e no vídeo desta entrada, podedes ver un anticipo do que se pretende facer.

Animádevos a participar!

 

QUIILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

MAÑÁ MÉRCORES DÍA 6 DE FEBREIRO CELEBRAREMOS A CARREIRA SOLIDARIA: “QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE”

 

Estimadas familias:

 

 Recordade que para a celebración da carreira é preciso que o alumnado veña cun atuendo axeitado; roupa e zapatillas de deporte.

 

Esta carreira, que é totalmente voluntaria, faise para recoller fondos que serán entregados á ONG internacional “Save the Children,”

Para esta edición imos preparar no centro diferentes percorridos axeitados para cada unha das etapas educativas do centro. O obxectivo é que todo o alumnado e o profesorado contribúa á recollida de fondos coa súa participación.

Con esta circular recibiredes un folleto informativo no que ademais da información sobre esta actividade, cada alumno/a poderá inscribir aos “patrocinadores” (pais, nais, familiares…) que queiran colaborar cos seus donativos. Con eles, acordará un “prezo” por cada “kilómetro” recorrido. (En concreto, a distancia a recorrer en cada volta polo alumnado de Infantil, 1º e 2º de primaria é de 250 m. e para 3º,4º,5º e 6º de primaria, de 500 m.)

Como os percorridos estarán deseñados dacordo coas idades do alumnado, consideraremos como “Kilómetro” cada volta que os alumnos dean ao seu circuíto. Por exemplo: se un patrocinador acorda un prezo de 50 céntimos por Kilómetro e o alumno/a da 2 voltas ao circuíto, o patrocinador deberá contribuír con 2 x 0,50 € = 1€

Agardamos a vosa colaboración e agradecemos de antemán a vosa participación

 

Un saúdo.

 

KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE

Por segundo ano, celebramos no día da Paz a carreira solidaria "KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE" para recadar fondos para os nenos máis desfavorecidos.

Esta actividade depende da ONG Save the Children que proporciona o material e fai chegar os cartos recaudados ao lugar onde se necesitan.

Nesta ligazón podedes ver algunha imaxes e vídeos da celebración da carreira.

VER VÍDEOS

VER FOTOS

KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE

PIRAGÜISMO 2015

OS XOGOS POPULARES NO CEIP DE BAÑO-XANZA. ACTIVIDADE PREMIADA POLO CONCELLO DE VALGA NO XV PREMIO XESÚS FERRO COUSELO

ESTE É UN TRABALLO SOBRE OS XOGOS POPULARES, ELABORADO NO C.E.I.P. BAÑO- XANZA, POLO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA XUNTO COA TITORA DE 4ºA E A SÚA TITORÍA, POLO QUE UNHA GRAN MAIORÍA DAS IMAXES E VIDEOS ESTAN FEITOS CON ESTES RAPACES.

PICADE NA IMAXE PARA FACER AS ACTIVIDADES

OS XOGOS POPULARES

Distribuir contido


by Dr. Radut