Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

Actividades educativas "Axenda 21"

AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA


A Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Xaneiro en 1992 aprobou a Axenda 21 como un dos seus documentos máis relevantes.

Pero… ¿Que é unha Axenda 21? É un plan de traballo para un desenvolvemento sostible no século XXI que comprende cuestións ambientais, económicas, sociais e culturais.

A escola é un lugar idóneo para aprender a vivir e progresar nos ideais de equilibrio ambiental, paz, xustiza social e sostibilidade en xeral.

O C.E.I.P. de Baño-Xanza comeza a súa Axenda 21 Escolar para traballar pola calidade ambiental e a sostibilidade do centro educativo e o seu contorno aceptando o seu compromiso de mellora.

Neste curso 2007/08 participan cinco profesores do colexio nun grupo de traballo con profesores do I.E.S de Valga “ A biodiversidade do noso contorno,mellora e conservación”.Os obxectivos a traballar no colexio coa participación do resto do claustro ,alumnos e persoal non docente son:

• Mellora da cualificación do profesorado para traballar aspectos de A21EG
• Recollida selectiva e redución de residuos.
• Mellorar,limpar e conservar o patio escolar.
• Traballar de xeito transversal e coordinado cos outros equipos do centro(Normalización, Biblioteca,Tics)
 

 Sobre este tema, elaborouse un paquete de actividades educativas multimedia que podedes consultar dende a seguinte ligazón. Fai clic aquí.



page | by Dr. Radut