OBRADOIRO DE DOBRAXE

O martes 9 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º EP realizamos un obradoiro de dobraxe titulado Aprende dobraxe na túa clase e impartido polo actor de dobraxe e formador Damián Alonso.

Coñecemos a orixe e historia da dobraxe, as fases do proceso de creación e os tipos. Tratamos aspectos prácticos de lectura, colocación da voz e postura corporal. E finalmente, enfrontámonos ao micrófono para preparar e gravar unha toma de dobraxe por parellas da que daremos conta nuns días...

Moi recomendable.

Clica na foto pata acceder ao álbum de imaxes da actividade 

 

NADAL · 2023

Durante o mes de decembro realizamos diversas actividades e saídas didácticas para celebrar o Nadal 2023.

Desexámoslles unhas felices festas ao noso alumnado e familias.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades

EUGENIA REIRIZ · ENTREVISTA E EXPOSICIÓN DE CADROS

O mércores 20 de decembro, con motivo do Día da Diversidade Funcional, visitounos a pintora María Eugenia Reiriz acompañada de Manuel González (mestre na Asociación ÁMBAR) para darlle visibilidade ao seu traballo e compartir na nosa biblioteca a exposición dalgunhas das súas obras.

O alumnado realizoulle unha entrevista e tamén lle fixo entrega dun pequeno agasallo por compartir esta xornada connosco.

Clica na foto para acceder ao álbun de imaxes da actividade

SAÍDA DIDÁCTICA: MUSEOS E CATEDRAL DE SANTIAGO

O martes 12 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realiza unha saída didáctica a Santiago de Compostela para realizar diversas actividades no Museo do Pobo Galego, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a subida aos tellados da catedral.

Clica na foto para acceder ao Álbum de imaxes da actividade

SAÍDA DIDÁCTICA: AUDITORIO DE GALICIA · PULCINELLA

O xoves 30 de novembro, o alumnado de educación infantil e 1º, 2º, 3º de educación primaria visitaron o Auditorio de Galicia para asistir á representación da obra Pulcinella e a máscara máxica pola orquestra Real Filharmonía de Galicia.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

PLAN DIRECTOR: CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 27 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria asiste á charla sobre violencia de xénero impartida pola Garda Civil dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna. 

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN: ANXO FARIÑA · A CIDADE VIOLETA

O venres 24 de novembro, o alumnado de educación primaria realiza un obradoiro de debuxo e ilustración impartido polo escritor e ilustrador Anxo Fariña. Baixo o título A Cidade Violeta, esta actividade está enmarcada dentro dos actos de celebración do 25N Día contra a violencia de xénero 2023.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO · 2023

A semana do 25 de novembro, realizamos diversas actividades para celebrar o Día contra a Violencia de Xénero co fin de concienciar ao noso alumnado sobre este problema social.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades

ESCAPE ROOM

O martes 21 de novembro, o alumnado de Educación Primaria participa na actividade Escape-Room, impartida por Lucus Escape Room e organizada polo Concello de Porto do Son dentro do Programa das actividades de Igualdade e contra a violencia de xénero.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

OBRADOIRO DE SAÚDE DENTAL

O xoves 16 de novembro, o alumnado de educación infantil e primaria recibimos a visita da odontóloga Nati Mirás que nos falou da importancia de termos os dentes limpos e sans.

Grazas Nati

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade 

Distribuir contido