Skip to Content

Animación á lectura 2020/21

LIBROS RECOMENDADOS POLO NADAL

Estos son os nosos libros recomendados polo Nadal. Pincha no enlace para velos. Feliz lectura!

https://view.genial.ly/5fdf229760e6a00cfc74e5fd/presentation-libros-recomendados-polo-nadal

CÓMICS

Debido á grande aceptación por parte do alumnado dos últimos cómics que mercamos para á biblioteca, decidimos ampliar a oferta.Temos novos cómics.

 

DIVERSIDADE

O día 3 de decembro conmemórase o Día da Diversidade Funcional. Un día para lembrar a igualdade real, sexa cal sexa a nosa condición persoal, porque todos e todas somos diferentes e cada un de nós ten moito que aportar aos demais.

Deixamos algunha portadas de libros sobre os dereitos dos nenos/as e sobre a diversidade.

Contacontos pola Igualdade

Polo Correo do Vento realizou contacontos para o alumnado sobre Maruja Mallo.

 

Mural sobre a igualdade

O alumnado do colexio plasmou as súas ideas para facer o mural da Igualdade na fachada do colexio.

Polo Correo do Vento encargouse de pintalo.

 

25 de novembro

25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Visualualizamos vídeos e lemos contos sobre o tema.

 

Este é o noso mural da biblioteca.

 

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Este mes de novembro podedes presentar vosos experimentos na biblioteca. Animádevos!

BIBLIOTECA NOS RECREOS

Cada curso ten unha hora de recreo asignada para vir retirar os libros e así poder levalos en préstamo para casa.

Tamén podedes vir a traballar se así o necesitades.

SEGUIMOS TRABALLANDO

Seguimos traballando na catalogación de novos exemplares, renovando os fondos da biblioteca.

 

BUSCAMOS NOVA MASCOTA PARA A BIBLIOTECA

Despois da partida de Librosquiño para colaborar cunha ONG precisamos axuda para coidar da boa marcha da nosa biblioteca. Contamos coa colaboración de todos vós. Precisamos que imaxinedes unha nova mascota e a debuxedes. Así coa vosa axuda, intentaremos encontrala.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut