Skip to Content

Animación lectura 22 23

25 DE NOVEMBRO

Celebramos o 25 de novembro.

Pica aquí.

 

 

VISITA DE DOUS TRABALLADORES DA ONCE.

Tivemos unha visita moi especial. Dous traballadores da ONCE estiveron dando unha charla na biblioteca ao alumnado de 3º de primaria. Un deles era o avó dunha das alumnas.

LIBROS RECOMENDADOS PARA O VERÁN

Pica na imaxe para ver os libros recomendados para o verán.

 

ENTREGA DE PREMIOS AOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA.

Está a piques de rematar o curso. Fixemos xa a entrega dos agasallos ao alumnado que fai as tarefas de axudante de biblioteca.

PDI: CONSUMO RESPONSABLE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE.

O alumnado de 6º B traballou as plantas que purifican o aire e as que purifican a auga.

Pica na imaxe se queres ver o Genially do traballo.

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

O alumnado de 6º apadriñou ao alumnado de 4 e 5 anos. Cada padriño e madriña leu un conto ao seu afillado/afillada.

 

NOVO RINCÓN DE LECTURA DIANTE DA BIBLIOTECA.

Creamos un novo rincón de lectura informal diante da biblioteca. Que vos parece?

SALÓN DO LIBRO

Colaboramos co Salón do Libro presentando un traballo sobre os xogos do mundo.

Parte do alumnado do colexio foi invitado a diferentes obradoiros.

CONTACONTOS NO MUSEO EN RELACIÓN CON FERNÁNDEZ DEL RIEGO

O alumnado de 5º estivo no Museo de Pontevedra. Polo Correo do Ventro realizou un contacontos sobre o autor homenaxeado polas Letras Galegas 2023 Fernández del Riego. Mirade que debuxo máis bonito trouxeron.

ALUMNADO DE 1º NA BIBLIOTECA

O alumnado de 1º visita asiste moito á biblioteca. Que libros tan curiosos hai?

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Os axudantes de biblioteca van organizando un pouco o espazo e as estanterías cos libros para ter todo no seu lugar.

ENCONTROS COAS FAMILIAS NA BIBLIOTECA

O alumnado de 4º tivo charlas impartidas por algunhas familias da clase en relación co seu traballo. Foi moi interesante!

NOVOS LIBROS NA BIBLIOTECA

Como sabedes continuamente estamos actualizando os fondos da biblioteca.

DÍA DO LIBRO

Estes son algúns traballos feitos polo alumnado de 6º coa profesora de inglés por mor do Día do Libro.

 Celebramos o Día do Libro con lecturas dentro do colexio e fóra, no patio.

VISITA DE ROGELIO SANTOS QUEIRUGA

O pescador Rogelio Santos Queiruga estivo no colexio. Contounos moitas cousas sobre o seu traballo e como debemos coidar dos mares.

FINA CASALDERREY NA BIBLIOTECA

A escritora Fina Casalderrey estivo na biblioteca no mes de abril co alumnado de 6º A e 5º. Sorprendérona cunha pequena representación. Foi moi interesante a súa charla. Ao final firmou exemplares do libro que leron na clase.

 

VISITA DE MÓNICA RODRÍGUEZ

 

O alumnado de 6º B e 5º de primaria traballou o libro de Mónica Rodríguez "La casa del tejado rojo". Estivo na biblioteca falando do seu traballo e firmando exemplares.

SESIÓN DE CONTACONTOS CON BENXAMÍN MÍGUEZ NOVOA

O alumnado de 2º de primaria tivo unha sesión de contacontos con Benxamín Míguez Novoa.

DÍA DO LIBRO INFANTIL

O 2 de abril celébrase o Día Internacional do libro infantil.

Pica aquí para ter máis información.

SEMANA DA PRENSA

Traballamos cos xornais nas aulas na Semana da Prensa.

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora. Fixemos un mural coa silueta dunha muller. Mirade que bonito quedou!!!!

Pica aquí para ler sobre as 100 mulleres galegas que se non coñeces, deberías.

 

 

VISITA DE MARÍA CANOSA

O 27 de febreiro tivemos unha charla con María Canosa na biblioteca. O alumnado de 6º leu o seu libro "Muriel" o curso pasado.

 

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. Fixemos un mural con debuxos de Rosalía e aproveitando o Entroido disfrazámolos.

Estivemos no patio cantando "Adeus ríos, adeus fontes".

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro celebramos o Día da muller e a nena na ciencia.

Unha ducia de mulleres científicas galegas.

21 científicas galegas que tes que coñecer.

Fixemos algún experimento.

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz.

Fixemos un mural coas fotos do alumnado e palabras relacionadas coa paz.

LEMOS POEMAS NA BIBLIOTECA

 

No mes de decembro estivemos na biblioteca lendo poemas.

Pica aquí para ver o 1º vídeo.

Pica aquí para ver o 2º vídeo.

NOVOS LIBROS

Como sabedes estamos continuamente renovando os fondos da biblioteca. Estas son as novas adquisicións.

POLO CORREO DO VENTO: O TEU COLE NA HISTORIA.

Polo Correo do Vento estivo no colexio. Tivemos unha charla sobre a súa exposición "O teu colexio na historia".

LIBROS RECOMENDADOS POLO NADAL

Pica na imaxe para ver os libros recomendados polo Nadal.

 

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

Fixemos traballos polo Día Internacional da Discapacidade.

Pica na imaxe para velos.

Distribuir contido


by Dr. Radut