Skip to Content

Blogues

MAGOSTO 2021

       Estámonos preparando para celebrar o Magosto no cole. Antes de nada imos facer as nosas bolsiñas para encher de castañas asadas, agardando a que chegue o gran día e non chova...

    Por fin chegou o momento, e temos un día estupendo para comer as castañas no patio e despois xogar cos nosos compis aos xogos populares.

        Se queredes vernos premede enriba do tren 

     

 

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

 

MOITAS FELICIDADES!!!

ROMEO

YARELI

HEDERIC

LUCAS

ELIAS

ZOE

SAÚL

 

Proxecto As Olimpiadas 6º de Infantil

25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Para este día o alumnado de Infantil, puxo o seu graniño de area para loitar contra esta lacra, recordando que non se pega e que nenos e nenas son iguais e poden facer as mesmas cousas.

Fixemos varias manualidades e traballamos varios contos.

 

MAGOSTO 2021

Polo día do Magosto, aprendemos de primeira man como se fan as castañas, grazas ao castañeiro e o seu tren, que nos contou a súa historia e tradición que ven dende moitos anos e porque lle chaman o Príncipe das castañas...

Despois degustamos as castañas todos xuntos para logo continuar cos xogos do magosto:

os bolos

o come castañas

e o paracaídas!!!.

Pasámolo realmente ben e ademáis acompañounos o tempo.

Foi un día moi divertido!!!.

 

 

 

 

 

 

RECREOS DE OUTONO

      Este outono estamos disfrutando duns días soleados que nos deixan xogar no noso patio moi a gusto, e divertirnos coas follas que caen das árbores.

      Se nos queres ver en acción pincha aquí.

      Ver máis.

MAGOSTO EN NOVEMBRO...CON TEMPO DE AGOSTO

O martes, 9 de novembro, celebramos o magosto no noso colexio. Comemos castañas ao aire libre e, para facer a dixextión, un montón de xogos (zancos, o pano, a chave, corda, xogo da castaña, bolos, petanca...) no patio do centro.

Acompañounos o tempo meteorolóxico: daí o magosto con sabor a agosto... polo sol que lucía.

Para mostra, varios botóns:

 

MICRORRELATOS MACROTERRORÍFICOS...NO 4º NIVEL

Este venres, 5 de novembro os alumnos e alumnas de 4º curso leron os seus microrrelatos macroterroríficos aos compañeiros de 2º curso no salón de actos do noso colexio.

Velaí as imaxes e vídeos:

 
   
 Video 1 PICAR AQUÍ

 

Vídeo 2 PICAR AQUÍ

 

Contos de Samaín!!!

O alumnado de Infantil participou na sesión de contos de Samaín que se fixo no salón de actos do colexio, os máis pequenos escoitamos o conto dos maiores e foi moi divertido!!!

 

 

 

SAMAÍN

SAMAÍN

 

     Comenzamos cos preparativos para o noso Samaín, e aquí andamos facendo unha bolsiña para as nosas chuches.

    

   

       E seguimos coa decoración dos nosos corredores, portas, ventás...

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

     

     Chegou o día de celebralo, agora tócanos decorarnos nós!!

 

 

 

VÍDEO

 

SAÍDA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

        O venres 29 de outubro achegámonos ao Museo de Pontevedra para participar na actividade “Pontevedra Lorquiana”. Alí fixéronnos unha breve reseña da vida de Federico García Lorca, e a súa vinculación con Galicia, e despois guiáronnos para realizar cada un de nós unha caricatura do escritor.

SAMAÍN 2021

DECORAMOS OS CORREDORES

CHEGOU O OUTONO

 

ANIVERSARIOS SETEMBRO E OUTUBRO

MOITAS FELICIDADES!!!

MANUEL

IAN

FARES

CARMEN

FACENDO MANUALIDADES

 

     Aquí nos tendes, atarefados e ben atentiños para non perder detalle. Moito nos gusta facer manualidades para relaxarnos un pouquiño entre tanta actividade de mates, lingua ...

 

 

 

          E agora... a polo moucho!

 

EMPEZANDO UN NOVO CURSO.

 

 

 

Xa estamos de volta!! E  nada mellor para empezar con forzas un novo curso que unhas larpeiradas para endulzar o primeiro día.

 

Ánimo!! Aprenderemos un montón e divertirémonos xuntos nos marabillosos recreos!!

 

 

Fusión de Samaín e Halloween no 4º...Milenio

Velaí as mostras dos nosos disfraces no 4º curso. 

Tampouco faltaron cancións e microrrelatos terroríficos...

 

Contacontos

     Este ano non visitamos o Salón do libro, así que Orbil mandounos á súa amiguiña, unha simpática raposiña, para que nos contara algunhas das divertidas anécdotas que leva vivido polas corredoiras adiante. Que pillabana é!!

 Preme aquí para ver vídeo.

 

DÍA DO LIBRO

 

     Un ano máis estamos celebrando o día do libro, aínda que nós preferimos adicarlle o noso mural a tódolos días do ano, non só ao 23 de abril, para que todos eles sexan “días de libros”.

 

     E aquí nos vedes, preparándoo todo para poder decorar despois o mural.

 

 

 

 

 

 

 

 Vídeo "Os nosos contos favoritos" (preme aquí).

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

     Un ano máis estamos conmemorando o Día Internacional da Muller, por iso nos puxemos mans á obra e lle adicamos un bonito mural ás nenas da nosa clase, que irán sendo grandes mulleres, MEDRANDO LIBRES !!

 
   

 

Día de Rosalía no Primeiro Curso

O 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro e os nenos de 1º estivemos coñecendo a súa vida e algúns dos seus poemas. Logo compuxemos un fragmento de "adiós ríos, adiós fontes" que sin dúbida é unha das súas obras maestras. Tamén bailamos ao ritmo de rock and roll coa versión  que Astarot fixo do poema e deleitámonos coa voz de Amancio Prada.

 

Deixámosvos un vídeo co traballo que fixeron os nenos ese día. Esperamos que vos guste!!

 

 

Premer AQUÍ para ver o vídeo, se non abre o enlace.

8 de Marzo: Día da Muller

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pirámide alimentaria

Os nenos e nenas de 1ºA construímos a pirámide alimenticia e despois descubrimos os alimentos que se atopan en cada chanzo.

Traballamos na horta

Os nenos de 1º calzaron as súas botas e puxémonos mans á obra na horta plantando chícharos. Agora teremos que coidalos e esperar para a parte máis importante do traballo... COMELOS!!!

24 de febreiro e de como 24 horas son poucas para adicarlle a Rosalia polo seu día.

O 24 de febreiro é o día que a humanidade lle adica a Rosalía de Castro, a escritora por excelencia da nosa língua. Esa á data na que naceu, no ano 1837, a autora de Cantares Gallegos, obra cumio do Rexurdimento na nosa lingua despois de pasar os séculos escuros (e cuxa data de publicación é a recollida para o Día das Letras Galegas).

Decidimos inmortalizala fusionándoa en POP ART, ademais de facer unhas actividades en relación a este día tendo en conta a súa producción literaria e vida.

Aquí quedan retais dese día, ou desas 24 horas, que deberan ser un inicio do despeque da lingua nos próximos 24 séculos.

Con arte e a nosa fala, trazos de Rosalía:

A ver...como tamén coñecíamos outra Rosalía (tra-tra!!), decidimos que compartisen fondo para estar ben acompañadas baixo a mirada do POP ART. 

Aínda que ficamos coa nosa Rosalía, claro, tamén sabemos mirar o arte doutro xeito, tamén actual.

 

 E puxemos música, tamén: versións musicadas dos seus poemas, de autores tan variados como Amancio Prada, Astarot, Luz Casal, entre outros. Aquí deixamos unha versión para o recordo:

Coñeces o CEIP A Xunqueira 1??

E ti, queres vir ó noso cole???

3 de Decembro Día da Discapacidade

Distribuir contido


by Dr. Radut