Skip to Content

24 de febreiro e de como 24 horas son poucas para adicarlle a Rosalia polo seu día.

O 24 de febreiro é o día que a humanidade lle adica a Rosalía de Castro, a escritora por excelencia da nosa língua. Esa á data na que naceu, no ano 1837, a autora de Cantares Gallegos, obra cumio do Rexurdimento na nosa lingua despois de pasar os séculos escuros (e cuxa data de publicación é a recollida para o Día das Letras Galegas).

Decidimos inmortalizala fusionándoa en POP ART, ademais de facer unhas actividades en relación a este día tendo en conta a súa producción literaria e vida.

Aquí quedan retais dese día, ou desas 24 horas, que deberan ser un inicio do despeque da lingua nos próximos 24 séculos.

Con arte e a nosa fala, trazos de Rosalía:

A ver...como tamén coñecíamos outra Rosalía (tra-tra!!), decidimos que compartisen fondo para estar ben acompañadas baixo a mirada do POP ART. 

Aínda que ficamos coa nosa Rosalía, claro, tamén sabemos mirar o arte doutro xeito, tamén actual.

 

 E puxemos música, tamén: versións musicadas dos seus poemas, de autores tan variados como Amancio Prada, Astarot, Luz Casal, entre outros. Aquí deixamos unha versión para o recordo:



blog | by Dr. Radut