Estamos a ter problemas coa plantación de brecol.
Os vermes comeron moitas plantas.
|
O millo vai crecendo xa comezamos a ver algúns gromos.
|
O alumnado de 5º está facendo un seguimento do brécol que plantaron, unha vez á semana van medir o seu crecemento.
Tamén toman a temperatura da terra co termómetro que fixeron en robótica.
|
O alumnado de Educación infantil plantou millo.
|
O alumnado de 5º plantou brécol na súa porción da horta.
Imos facer un seguimento do crecemento das nosas plantas. Cada semana mediremos a súa altura e anotaremos a súa evolución.
|
Na Xunqueira 1 a vida está que non para.
E que queres que vos digamos: imos ter a horta máis bonita de todas as hortas.
|