Celebramos o 25 de novembro.
Pica aquí.
|
Tivemos unha visita moi especial. Dous traballadores da ONCE estiveron dando unha charla na biblioteca ao alumnado de 3º de primaria. Un deles era o avó dunha das alumnas.
|
Pica na imaxe para ver os libros recomendados para o verán.
|
Está a piques de rematar o curso. Fixemos xa a entrega dos agasallos ao alumnado que fai as tarefas de axudante de biblioteca.
|
O alumnado de 6º B traballou as plantas que purifican o aire e as que purifican a auga.
Pica na imaxe se queres ver o Genially do traballo.
|
O alumnado de 6º apadriñou ao alumnado de 4 e 5 anos. Cada padriño e madriña leu un conto ao seu afillado/afillada.
|
Creamos un novo rincón de lectura informal diante da biblioteca. Que vos parece?
|
Colaboramos co Salón do Libro presentando un traballo sobre os xogos do mundo.
Parte do alumnado do colexio foi invitado a diferentes obradoiros.
|
O alumnado de 5º estivo no Museo de Pontevedra. Polo Correo do Ventro realizou un contacontos sobre o autor homenaxeado polas Letras Galegas 2023 Fernández del Riego. Mirade que debuxo máis bonito trouxeron.
|
O alumnado de 1º visita asiste moito á biblioteca. Que libros tan curiosos hai?
|
Os axudantes de biblioteca van organizando un pouco o espazo e as estanterías cos libros para ter todo no seu lugar.
|
O alumnado de 4º tivo charlas impartidas por algunhas familias da clase en relación co seu traballo. Foi moi interesante!
|
Como sabedes continuamente estamos actualizando os fondos da biblioteca.
|
Estes son algúns traballos feitos polo alumnado de 6º coa profesora de inglés por mor do Día do Libro.
Celebramos o Día do Libro con lecturas dentro do colexio e fóra, no patio.
|
O pescador Rogelio Santos Queiruga estivo no colexio. Contounos moitas cousas sobre o seu traballo e como debemos coidar dos mares.
|
A escritora Fina Casalderrey estivo na biblioteca no mes de abril co alumnado de 6º A e 5º. Sorprendérona cunha pequena representación. Foi moi interesante a súa charla. Ao final firmou exemplares do libro que leron na clase.
|
O alumnado de 6º B e 5º de primaria traballou o libro de Mónica Rodríguez "La casa del tejado rojo". Estivo na biblioteca falando do seu traballo e firmando exemplares.
|
O alumnado de 2º de primaria tivo unha sesión de contacontos con Benxamín Míguez Novoa.
|
O 2 de abril celébrase o Día Internacional do libro infantil.
Pica aquí para ter máis información.
|
Traballamos cos xornais nas aulas na Semana da Prensa.
|
O 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora. Fixemos un mural coa silueta dunha muller. Mirade que bonito quedou!!!!
Pica aquí para ler sobre as 100 mulleres galegas que se non coñeces, deberías.
|
O 27 de febreiro tivemos unha charla con María Canosa na biblioteca. O alumnado de 6º leu o seu libro "Muriel" o curso pasado.
|
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. Fixemos un mural con debuxos de Rosalía e aproveitando o Entroido disfrazámolos.
Estivemos no patio cantando "Adeus ríos, adeus fontes".
|
O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz.
Fixemos un mural coas fotos do alumnado e palabras relacionadas coa paz.
|
No mes de decembro estivemos na biblioteca lendo poemas.
Pica aquí para ver o 1º vídeo.
Pica aquí para ver o 2º vídeo.
|
Como sabedes estamos continuamente renovando os fondos da biblioteca. Estas son as novas adquisicións.
|
Polo Correo do Vento estivo no colexio. Tivemos unha charla sobre a súa exposición "O teu colexio na historia".
|
Pica na imaxe para ver os libros recomendados polo Nadal.
|
Fixemos traballos polo Día Internacional da Discapacidade.
Pica na imaxe para velos.
|