Skip to Content

6º curso

Visita ao Instituto Xunqueira 1

O martes 30 de maio estivemos de visita no IES Xunqueira 1. A maior parte do alumnado do noso centro cursará 1º da Eso nel. Participaron nun obradoiro de robótica.

Visita a Santiago

 

O alumnado de 6º foi a Santiago a visitar a Xunta de Galicia, o Parlamento Galego e o Pórtico da Gloria.

 

 

 

O PH na horta

Aprendemos sobre o PH da terra da horta grazas aos monitores de Revitaliza.

Saída á Coruña

 O 14 de febreiro visitamos os museos científicos da A Coruña.

 

 

Teatro en Inglés

 O mércores, 15 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º foi ao teatro a ver a obra, en inglés

 What a monster?

Entroido

 Para celebrar o Entroido disfrazámonos de zombies.

 

 Tamén comemos doces típicos destas datas. 

 

 

Países do mundo

 O alumnado de 6ºB investigou sobre diferentes países.

 Buscaron información sobre a situación, o clima, a paisaxe, o relevo, os ríos, os sitios turísticos do país, etc.

 

 

Creamos videoxogos

 Estamos a crear os nosos videoxogos utilizando o programa Scratch.

 

Plan Director

 O luns 21 de novembro a Policía Nacional visitou ao alumnado de 6º para dar unha charla sobre o acoso escolar e o usos das redes sociais.

Visita ao mercado.

 O martes, 15 de novembro, o alumnado de 6º visitou o Mercado municipal.

 

 Aprenderon moitas cousas sobre as carnes, os peixes e os mariscos.

 Remataron a actividade facendo un xogo con preguntas de todo o que lles ensinaron as monitoras.

Magosto en 6º

Celebramos o Magosto con castañas e xogos.

 

Samaín/Halloween

 Celebramos o Samaín/Halloween con disfraces de medo e unha merenda terrorífica.

 

 

 

Ciber seguridade "Polo Correo do Vento"

 O xoves 20 de outubro tivemos a visita de Polo Correo do Vento.

 Eles explicáronnos moitas cousas sobre o uso seguro de Internet.

 Coma sempre fixeron un debuxo á vez que ían explicando como utilizar Internet de xeito seguro, tamén cantaron unha canción co ukelele.

 Por últimos, despois de solucionar as nosas dúbidas sobre Internet debuxamos un simpático rato.

Distribuir contido


by Dr. Radut