Skip to Content

5º curso

Festival

 O alumnado de 5º participou no Festival de Fin de Curso.

 5ºB Bailou "El twist de mi colegio" de Parchís.

 5ªA Representou unha adaptación da obra de Castelao "Os vellos non deben de namorarse"

 Coa teacher de Inglés cantaron unha cancion dos Beatles.

 Fixérono xenial!!!!

Venda en Vigo

 O 1 de xuño fomos a Vigo a vender o produtos da nosa cooperativa.

 Visitounos ata o alcalde de Vigo!

 Tivemos moitas vendas.

Alimentación saudable

 Seguimos a traballar a alimentacións saúdable.

 Agora sabemos que parte do noso plato ten que estar ocupada polos hidratos de carbono, as graxas, as vitaminas e as proteínas.

Camiño de Santiago

 O alumnado de 5º realizou un pequeno tramo do Camiño de Santiago.

 Saíron desde a igrexa da Peregrina e chegaron ata onde comeza a variante espiritual.

 Despois regresaron ao colexio pola Xunqueira do Alba, utilizaron compases para orientarse.

Metereólogos

 Cada alumno e alumna de 5º B fixo o seu mapa metereolóxico de Galicia.

 Despois fixéron de metereólogos como se estivesen la televisión e presentaron o tempo aos compañeiros e compañeiras.

Venda de Primavera

 O alumnado das cooperativas de 5º realizou, no recreo dos días 7 e 8 de abril a venda de primavera.

 

Quen vive ahí?

 O xoves 7 realizamos unha actividade do programa Revitaliza sobre a compostaxe.

Estivemos a buscar os animais que axudan a descomposición dos elementos que botamos ao composteiro para facer o compost.

 Coa axuda do microscopio estivemos a ver como eran.

Ruta da Pedra e a Auga

Os alumnos e alumnas da Xunqueira 1 atrévense coa ruta da Pedra e da Auga.

O día martes 5 de Abril os nenos e nenas de quinto A e quinto B do colexio C.E.I.P a Xunqueira I, fixeron a ruta Da Pedra e da Auga. Esta ruta é un tramo do Camiño Espiritual de Santiago, variante do Camiño Portugués.

Foron en bus ata Meis e alí comezaron o camiño, as nove e corenta da mañá, ao lado do río Armenteira. A distancia aprox. foi de 6 quilómetros e había un desnivel positivo de 250 m. A primeira hora da mañá facía fresco, pero pouco a pouco foron subindo as temperaturas.

No camiño atoparon muíños e estatuas de pedra. Aproveitaron a camiñata para recoller o lixo que atoparon polo camiño. A medida que avanzaba a ruta o camiño era máis empinado e máis difícil de escalar.

Ao terminar o camiño, merendaron ao lado do Mosteiro de Armenteira. Logo entraron no Mosteiro e a mestra Margarita explicoulles as características arquitectónicas do Mosteiro por dentro e por fora, e contoulles un pouco da súa historia. Logo todos os nenos descansaron mentres esperaban o bus. Ao rematar a excursión volveron ao centro.

Saúl Aragunde Loureiro

Semana da Prensa

 Estamos a traballar a prensa.

Traballando na cooperativa

  O alumnado de 5º B está a traballar duro para elaborar os produtos da cooperativa para a venda de primavera.

 

Taller de convivencia e resolución de conflitos

 O alumnado de 5º participou na primeira sesión do taller sobre resolución de conflictos e convivencia.

 O vindeiro mes terán a segunda parte.

 Esta actividade está organizada polo Concello de Pontevedra.

8 de marzo ¨Día da Muller"

 Este é o traballo de 5º B sobre a muller e a igualdade.

 

 

 

Traballando na cooperativa.

 A cooperativa A Bolboreta da Xunqueira xa está a traballar na próxima venda. Está a elaborar uns mordedores para cans.

Comezamos a unidade didáctica de metereoloxía.

 O alumnado de 5ºB comezou a traballar a metereoloxía.

 

 Visitaron a nova caseta metereolóxica para realizar as medicións.

 Na semana do 21 ao 25 de febreiro foi o turno do alumnado de 5º A.

 

Xeocaching en A Fracha

 O alumnado de 5ºB participou nuna activade de xeocaching no monte da A Fracha.

 Aprenderon a utilizar o compás e o GPS.

 Tamén lles explicaron un montón de cousas sobre a flora e a fauna da zona.

A actividade estivo organizada polo Concello de Pontevedra.

Saída a Salcedo.

 Os nenos e nenas de 5º A fixeron unha saída a Salcedo para visitar uns petrogrifos e ver unha réplica de vivendas da Prehistoria.

Esta actividades estivo organizada polo concello de Pontevedra.

Traballando pola Paz

 Os nenos e nenas de 5ºB xa colocamos no mural as nosas mans.

 En plástica, co profe Miguel, fixemos unhas mans que recortamos e decoramos. nelas escribimos palabras relacionadas coa Paz.

 Despois baixamos coa profe Vero a colocalas no mural.

Traballando o clima.

 O alumnado de 5ºB estivo a investigar sobre o clima e as estacións metereolóxicas.

  Por grupos fixeron un traballo en Impress que despois expuxeron aos seus compañeiros.

 

Contos de Nadal

 Para celebrar estas festas escribimos os nosos contos de Nadal.

 

Plan Director

 O venres 26 de novembro a Policía Nacional estivo no colexio dando unha charla ao alumnado de 5º sobre a adicción e o uso das novas tecnoloxías.

 

25 N

 Celebramos o 25 de Novembro. Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, escribindo nunhas follas mensaxes contra a violencia.
Despois colgamos as mensaxes da árbore que está colocada na entrada principal.

Magosto 2021

 O martes 9 de novembro celebramos o Magosto.

 Comemos as castañas e participamos en diferentes xogos populares como a chave, a petanca, a corda...

Contos de medo

  O venres 5 de novembro o alumnado de 5º leu, no Salón de actos, os seus contos de medo ao alumnado de Infantil.

 

Samaín

 Celebramos o Samaín cantando, bailando e escribindo contos terroríficos.

 Aquí podes ver os nosos disfraces.

Charla da asociación Brincabois.

 A asociación Brincabois deunos unha charla sobre os diferentes tipos de sentas.

 Aprendemos que hai setas comestibles e outras que son tóxicas.

 

 Estivemos buscando setas pola Illa das Esculturas e despois fixemos unha exposición con todas elas.

 

 

 

O Sistema Solar

 O alumnado de 5ºB estivo a traballar o Sistema Solar.

 Aquí podedes ver a exposición das súas maquetas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut