try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

deporte

Xornada Xogade no CEIP Ana Mª Diéguez

O mércores participamos nunha xornada de convivencia deportiva cos compañeiros/as de 4º, 5º e 6º do CEIP Ana Mª Diéguez. Toda unha mañá de xogos en equipos, desfrutando do deporte e facendo novos amigos e amigas. Fantástico! Que ben o pasamos!

Xornada previa Campionato de Bádminton escolar

O 5 de marzo en Serra de Outes, participamos desde a área de Educación Física e dentro do programa Xogade, nunha xornada escolar de bádminton que é previa á fase intercomarcal que se celebrará o próximo 30 de abril.

Foi unha xornada onde desfrutamos moito xogando a este deporte e relacionándonos con outras escolas.

Nesta ocasión o alumnado que participou foi o de 4º e 6º. Tivemos moi bos resultados e verémonos na seguinte fase.

Parabéns!!!!

                  

Cros intercomarcal

O martes 27 de febreiro o noso centro participou na intercomarcal de cros, cos seguintes alumnos: Carlota Tembra, Breixo Couso e Xairo López. A xornada foi moi especial, cargada de nervios e coa participación duns 800 escolares no Estadio Municipal Julio Mato “Matito”- San Lázaro- Noia.

Conseguimos clasificarnos con Breixo para o Campionato provincial  que se celebrará o próximo 15 de marzo en Porto do Son.

Fixeron un gran traballo na carreira. Parabéns!!!!

         

Xogade: fútbol gaélico

Este xoves tivo lugar no noso cole o primeiro torneo de fútbol gaélico Dodro-Taragoña. Participamos o alumnado de 5º e 6º dos dous coles e xogamos en equipos de 5º e de 6º, mesturando os dous coles. Foi unha mañá moi divertida, por estar cos nenos e nenas de Dodro e por poder xogar a fútbol gaélico, un deporte que aprendemos este curso en Educación Física. O torno está enmarcado dentro do programa Xogade, no que empezou a participar o Brea Segade este ano.

                                                                                           

Distribuir contido