Skip to Content

Atención pais/nais

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2024/2025

Informámosvos de que saíu publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso 2024/2025.

Os prazos de presentación son: do 21 de maio ao 21 de xuño, ambos incluídos.

Cubrirase un único impreso para todas as axudas (libros e material) e será unha única solicitude para tod@s @s fill@s que estarán matriculad@s e/ou admitid@s no noso centro, no curso 2024/2025.

As solicitudes poderanse presentar:

  • Preferiblemente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante Chave 365 ou DNI electrónico. No procedemento ED330B

(https://sede.xunta.gal)

  • A través da aplicación FONDOLIBROS .  No formulario normalizado ED330B, (Anexo I) Neste caso deberá ser igualmente entregada impresa no centro.

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros

  • Presencialmente na secretaría do centro, con cita previa, de luns a xoves de 9:40h a 11:00h)

En calquera caso é imprescindible entregar o ANEXO II asinado por todos os membros computables da unidade familiar (entendéndose tamén por computables as persoas proxenitoras separadas legalmente ou divorciadas con custodia compartida).

Nos arquivos adxuntos atoparedes os anexos a cubrir e información de interese.

Ante calquera dúbida, poñédevos en contacto co centro.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024

ADMISIÓN ALUMNADO

Publicadas as listaxes definitivas de admisión para o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso 2024 - 2025. Todo o alumnado que solicitou praza está admitido. Pódense consultar as listaxes no taboleiro interior do centro ou coa chave 365 na aplicación admisionalumnado.

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo estará aberto do 1 ao 20 de marzo.

As solicitudes poderán presentarse:

  • A través da aplicación "admisión alumnado" (deberá ser entregada impresa e entregada na secretaría do centro)

                 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

  • Presencialmente na secretaría do centro, con cita previa (de luns a xoves de 9:45h a 11:00h)

Formulario para tramitar a solicitude:

O formulario ED550B, a través do cal se tramita a solicitude poderá descargarse:

  • Da páxina web do centro, premendo AQUI 
  • Da aplicación admisionalumnado
  • Da Sede Electrónica da Xunta de Galicia
  • A escola facilitará, unha copia en papel do formulario ás persoas interesadas que o soliciten.

DOCUMENTACIÓN

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta no sistema de verificación de datos do Ministerio de Facenda.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (DNI ou Libro de Familia)

c) Certificado de matrícula do centro de orixe

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso, para o seu cotexo.

e) Copia do libro de familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables.

f) Certificado de empadroamento dos membros da unidade familiar.

AVISO IMPORTANTE

  • Cada familia só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
  • A solicitude deberá estar asinada por unha das persoas proxenitoras, xuntando o modelo ANEXO II- Bis co consentimento da outra

 

admisión curso 24-25

PREVISIÓN VACANTES CURSO 24-25

RESERVA PRAZA

O alumnado de 6º de Ed. Primaria deberá comprobar a súa reserva no IES SALVATERRA DE MIÑO

INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DE PRAZA

Estimadas familias:

Informámosvos de que o proceso para reservar praza nos centros adscritos estará aberto dende hoxe ata o 5 de febreiro incluído.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pretenda continuar os seus estudos no IES de Salvaterra de Miño deberá cubrir a solicitude de reserva e presentala no centro onde estea escolarizado/a actualmente.

 

A solicitude de reserva poderá presentarse dos seguintes xeitos:

1. Telematicamente a través da aplicación "admisionalumnado"

ADMISIONALUMNADO

Unha vez confirmada a solicitude, deberá descargala para asinala e presentala no centro de orixe.

 

2. Cubrindo a solicitude na aplicación, asinándoa dixitalmente e presentándoa na Sede Electrónica, para facer isto deberá ser usuario da Chave 365 ou contar cun Certificado dixital.

 

3. De forma manual, cubrindo o ANEXO I (ED550A) e entregándoo no centro de orixe.

 

  • A solicitude deberá estar asinada por unha das persoas proxenitoras, xuntando o modelo ANEXO I bis co consentimento da outra.
  • No caso de que o outro proxenitor non poida asinar o modelo ANEXO I bis por ausencia, admitirase unha declaración responsable da persoa que asine a solicitude indicando o motivo polo cal non pode asinar. (SÓ NO CASO DE PROXENITORES NON SEPARADOS NIN DIVORCIADOS)
  • En caso de separación ou divorcio É OBRIGATORIO ASINAR O ANEXO I bis.

 

Para máis información

PREME AQUÍ

XORANADA DE PORTAS ABERTAS 2023

REUNIÓN INICIO DE CURSO

Distribuir contido


by Dr. Radut