Skip to Content

Proxecta+

plans proxecta

PROGRAMA DE E.F. PROXECTO DO CENTRO

Unha semana máis, o alumnado de 6º nivel presenta e dirixe este programa de radio, onde nos conta cal será o proxecto anual do centro para este curso.

BOA ESCOITA

 

Construción da caseta para a estación meteorolóxica

Unha das actividades programadas dentro da PDI deste curso era a construción da caseta para a colocación da estación meteorolóxica.

O alumnado do 3º ciclo participaron nun obradoiro de carpintería, impartido polos mestre Fran e Lorena.

Quedoulle moi bonita. Parabéns!!!

Parte meteorolóxico diario

Unha das actividades que levamos a cabo ao longo deste curso foi dar o parte meteorolóxico, diariamente a través das ondas a nosa emisora escolar Radio Saltamontes. Cada mañá cando deixaba de soar a música de entrada e xa estaba todo o alumnado dentro das súas aulas, o alumando de 6º, encargamos da emisora, foron @s homes/mulleres do tempo radiofónico. Logo de consultar os datos meteorolóxicos na wen de Meteo Galicia, daban a previsión meteorolóxica para o Concello de Salvaterra e para o resto de Galicia.

Entroido meteorolóxico

Como cada ano a temática dos disfraces que elaboramos no CEP Carlos Casares están relacionados co proxecto anual. @s máis pequenos do cole, transformáronse nun dicionario, e levaban nas súas cabezas distintas formas para nomear á choiva. Unha vez máis quedamos abraiados coa riqueza lingüística do galego, nesta ocasión relacionada coa climatoloxía e a meteoroloxía.

Desta volta, tamén adaptamos a letra dunha coñecida canción, con alusión ao MeteoAlxén. Queres escoitala? Preme AQUÍ ou na icona debaixo da foto.

Logo do duro traballo da elaboración dos disfraces tamén desfilamos polas rúas de Salvaterra e actuamos ante o numerosísimo público que se achegou á Canuda para desfrutar dun día de troula.

 

Libro da horta

O alumnado de 2º dixemos este libriño con aspectos relacionados coa horta e a meteoroloxía. Para visulaizalo preme AQUÍ

 

Xornada de Badminton de Ponteareas

A finais do mes de marzo, concretamente o día 23, visitamos o pavillón Álvaro Pino, onde Víctor Lemos, o técnico do Clube de Badminton de Ponteareas nos impartiu unha Xornada de iniación moi divertida. Pasámolo xenial!

Álbum: CURSO 22 -23 -> XORNADA DE BÁDMINTON EN PONTEAREAS

SEMANA DOS LÁCTEOS NO CEP CARLOS CASARES

A vindeira semana na hora do recreo, repartiremos lácteos entre o noso alumnado. Este curso van ser iogures bebibles de distintos sabores. Este actividade está incluída nos Contratos - Programa na modalidade EduSaúde e no Plan Proxecta: Proxecto da vida activa e deportiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut