Skip to Content

Despedida curso 2022-2023

BO VERÁN :)

ROTEIRO LITERARIO 2023

Festa da Auga

Aquí deixamos o curso 2022-2023 pasado por auga. Na seguinte imaxe (pinchando) tedes a galería fotográfica. 

 

Galería fotográfica

Vigo "City of Art"

These are our outdoors paintings for the contest Vigo "City of Art".

    

   

    

ROTEIRO LITERARIO 2023: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Hoxe o club de lectura Rapochá ten unha cita moi interesante. Sairemos polas rúas da nosa cidade para facer o noso primeiro "Roteiro Literario".

Visita 1º, 2º e 3º ao xacemento de Toralla

(fai click nas imaxes para ver a galeria de imaxes da visita)

O alumnado de 1º, 2º e 3º pasamos unha mañá do mais instructiva e divertida na Vila romana de Toralla, a única vila romana de Galicia que esta íntegramente excavada.

 

 

O noso alumnado tamén ten iniciativas.

A aprendizaxe significativa vén determinada en gran medida pola implicación do alumnado no proceso da mesma. Para iso, ao marxe do currículo legal, os intereses dos nosos discentes son unha materia prima imprescindible para conseguir levar a bo porto o proceso formativo. Nesta liña, temos un alumnado que achega e suma tanto propoñendo actividades como participando e aceptando estas propostas. Na seguinte ligazón ten acceso á galería fotográfica destas actividades con alumnas e alumnos de 6º. Estas propostas foron dirixidas por Gabriel Rodríguez Lago (Taikwondo); María Domínguez Fernández (xadrez); Elia Pires Pérez, Lena Rodríguez García e Erea Ucha Comesaña (patinaxe).

Galería fotográfica

Descubrindo a bicicleta co Club Ciclista Vigués

Cada vez son máis as persoas que recorren ás bicicletas como medio de transporte limpo e respectuoso co medio ambiente. Desprázanse polas cidades en bicicleta, para ir ao traballo ou darse un paseo, e os carrís-bici son cada vez máis frecuentes en todos os lugares. Ademais, as bicicletas, son un elemento ao que podémoslle sacar moito beneficio tanto a nivel familiar como escolar e deportivo. A dimensión escolar no ámbito da educación vial está clara; no ámbito familiar é unha boa escusa para iniciar aos cativos dun xeito divertido nos hábitos de vida saudable facendo xogos e pequenas excursións adaptadas ás respectivas idades; No ámbito do deporte non fai falta falar moito: ciclismo, MTB, Orientación en bici(MTB-O)... E neste sentido, un ano máis, o Club Ciclista Vigués achegou ao noso alumnado a súa paixón por estes deportes.

Moitas grazas unha vez máis a María, Ángel, Elsa e Fátima. Grazas ao Club Ciclista Vigués.

Galería fotográfica

 

Distribuir contido


by Dr. Radut