No día do Libro, viu a nosa biblioteca a contarnos os nenos e nenas de Primeiro, Sara Juncal (a nai de Ariadna de 1º) o conto de Clementina pero dunha forma moi especial :)
O alumnado de 5º xunto coas súas familias e os seús mestras e mestres compartirán unha xornada formativa, cultural, deportiva e lúdica o vindeiro venres, día 12 de maio na Serra do Galiñeiro (zona do merendeiro). Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto , así como algunhas orientacións básicas e o itinerario para poder chegar ao punto de reunión. Esta actividade pertence ao proxectoDescubrindo o Norte, incluído noPlan Proxecta.
Na semana do libro fixemos unha viaxe moi especial "A volta ó mundo en 80 libros". Ler un libro é como realizar unha viaxe, e este ano quixemos que os nenos e nenas do colexio poidan coñecelo sen moverse da biblioteca. Ademáis fixemos un bibliopicnic onde lemos todos os días no recreo e un mercadillo de libros :)
Compartimos convosco as fotos que enviaron o noso alumnado e familias, na procura dos murais de Vigo adicados ás mulleres traballadoras. Moitas grazas pola vosa participación familias!
O deporte de orientación e o desenvolvemento de conductas sociomotrices son elementos identifican o proxecto "Descubrindo o norte".
Hoxe, o alumnado de 4º de primaria do noso colexio desenvolveu a fase práctica do proxecto en Donas xunto cos seus coetáneos do colexio anfitrión, o CEIP Souto Donas e os colexios de Sabarís, do concello de Baiona e Humberto Juanes, do concello de Nigrán.
A pesar de algún contratempo por cuestións loxísticas e da climatoloxía, a xornada foi unha festas deportiva e lúdica na que rapazas e rapaces gozaron e compartiron deportes e xogos poñendo en valor todos os aspectos positivos inheretes tanto nos xogos como nos deportes.
Pere Lavega escribiu “Aproximarse ao xogo tradicional é achegarse ao folclore, á ciencia das tradicións, costumes, usos, crenzas e lendas dunha rexión. Resulta difícil disociar o xogo tradicional do comportamento humano, o estudo do xogo folclórico da etnografía ou a etoloxía.”
O feito de poñer ao alcance do noso alumnado xogos e deportes que tradicionalmente se viñeron practicando, ademais de desenvolver todos os valores que intrinsecamente todos osxogos e deportes teñen,supón vincularlle coas súas raíces e poñer en valor todos aqueles aspectos culturais que fomentan a súa identidade e o arraigamento que comparte coa súa familia e demais contorna social.
Neste sentido, o Club de Camos, bríndanos a oportunidade de coñecer un pouco máis e mellor o deporte dos “Birlos Celtas”, na súa variante do Val Miñor. Dous dos seus integrantes, Leo e Claudio, compartiron a súa paixón por este deporte co noso alumnado. Da súa man coñecemos a orixe deste deporte e aprendemos a “plantar” os birlos no “castro”, a “tirar” e a “birlar”.