Terceiro Ciclo

Exposición de traballos escolares no CENIMA de Foz

No CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), na localidade de Foz, están expostos desde o pasado venres os traballos dos centros escolares participantes na exposición que dá continuidade á xa rematada sobre Quique Guerra, autor homenaxeado este ano.

 

                          

O noso centro participa colaborativamente coa EEI San Roque nun traballo sobre as emocións. Cada clase da EEI San Roque elaborou un cadro sobre unha emoción diferente, ao mesmo tempo que o noso alumnado de terceiro ciclo facía nas clases de música unha composición musical que evocase a devandita emoción. Así, atopamos composicións artísticas sobre o medo, a tristura, a ledicia, o amor ou a calma. Ao lado de cada cadro hai un código QR para que as persoas visitantes podan escoitar a composición. 

 

 

 

Ademais das nosas obras pódense ver os traballos de colexios e institutos, dos que vos deixamos aquí unha pequena mostra fotográfica.

5º coñece o Camiño do Mar

Xa vén de lonxe o traballo no colexio sobre o Camiño do Mar. Hoxe, o alumnado de quinto, tivo a oportunidade de ir dende Pénjamo ata a ponte da Misericordia pasando por diferentes lugares que mostran a pegada do camiño na nosa vila.

Durante un par de horas falamos de botánica, topónimos, ecoloxía e, por suposto, do Camiño do Mar da man dun peregrino actual (Lucas) e unha peregrina antiga (Noela). Grazas a ambos pola aprendizaxe que nos ofreceron.

 

                                    

Os sectores económicos en Chroma

O alumnado de 5º tamén gravou na pantalla Chroma para repasar o tema de Ciencias Socias sobre os sectores económicos. O resultado? Espectacular, como poderedes ver premendo nas seguintes imaxes.

OS SECTORES ECONÓMICOS

 

A POBOACIÓN:

A CDU explicada polo alumnado de sexto

O alumnado de sexto elaborou un vídeo que vai ser parte da formación de novos usuarios da biblioteca os vindeiros anos. Trátase dunha pequena explicación do que é a CDU (Clasificación Decimal Universal) que se utiliza nas bibliotecas de todo o mundo para a clasificación dos seus fondos.

Para iso utilizaron a pantalla chroma, o que nos permitiu ter multitude de fondos sen movernos do sitio.

Podedes ver o vídeo premendo na seguinte imaxe:

 

                                                        CDU

Alumnado do Terceiro Ciclo

 

 

Distribuir contido