Terceiro Ciclo

8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Polo día 8 de marzo, o noso alumnado de 6º de E.P realizaron uns poemas moi chulos que decoraron con unha flor, realizada na impresora 3D, en honor a Rosalía de Castro i estiveron recaudando fondos para a súa excursión.

Visita ao Belén de Viveiro

Hoxe, o noso alumnado de 5º , estivo de visita polo Belén de Santa María.

DIVERTIRONSE MOITOOOO!!!

Quinto fai surf

O alumnado de quinto foi hoxe á praia a facer unha actividade compatible co día que tivemos: o surf. Alí, asesorados polas persoas monitoras, deron os seus primeiros pasos coa táboa.

Pintando con Roque Barreiro Fanego

O alumnado de sexto tivo a sorte de recibir a visita de Roque Barreiro Fanego, que amosou ao alumnado a súa pintura e o xeito de pintar paisaxes con unha estupenda clase práctica no Paseo Marítimo durante a mañá do venres.

 

Grazas, Roque, pola visita!

 

Visita das xogadoras do Pescados Rubén Burela FS

No día de onte Peque e Antía, xogadoras de fútbol sala de Burela visitaron o noso centro para contar a sáu experiencia no equipo e a recente consecución da súa sexta Copa da Raíña.

Grazas rapazas pola visita e por ser unha motivación para o noso alumnado!

                            

EXCURSIÓN EN QUINTO

O alumnado de quinto curso aproveitou o seu paso por Lourenzá para visitar a casa de nacemento de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas neste ano 2023. Dende a delegación de Turismo de Lourenzá ofreceron unha pequena charla acompañado dun audiovisual.

Xa que na clase están coñecendo a idade Media tamén visitaron a Torre do Mariscal Pardo de Cela e o Pazo de Tovar, para rematar a excursión na Finca Galea.

Tedes un pequeno album da visita premendo na seguinte fotografía:

                           

Antroido terceiro ciclo

                             

Actuación Día da Paz

O Día da Paz, o alumnado de 6º de Primaria agasallóunos con esta fermosa coreografía que vos deixamos. Gozádea!

SuperArte no Lois Tobío

O IV certame de teatro feito por persoas con diversidade funcional "SuperArte" ten lugar en Viveiro do 17 ao 23 de outubro e, este ano, pasou de visita por centros da zona para falar ao alumnado sobre as enfermidades raras, un tema que foi do interese do alumnado, que participou activamente no obradoiro.

Deixamos nas seguintes imaxes a testemuña da súa visita e tamén o programa completo de actividades.

 

Moitas grazas!

 

 

 

 

5º fai surf

O noso alumnado de 5º pasou un día estupendo aprendendo surf e outras actividades acuáticas.

Distribuir contido