EXCURSIÓN EN QUINTO

O alumnado de quinto curso aproveitou o seu paso por Lourenzá para visitar a casa de nacemento de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas neste ano 2023. Dende a delegación de Turismo de Lourenzá ofreceron unha pequena charla acompañado dun audiovisual.

Xa que na clase están coñecendo a idade Media tamén visitaron a Torre do Mariscal Pardo de Cela e o Pazo de Tovar, para rematar a excursión na Finca Galea.

Tedes un pequeno album da visita premendo na seguinte fotografía: