REUNIÓN DE COMEZO DE CURSO
Con motivo do comezo do novo curso escolar, o centro convida aos titores legais do alumnado á primeira xuntanza no centro para o próximo venres 8 de setembro.
As 9:00 horas: titores legais de alumnado de 5º e 6º
As 10:30 horas: titores legais de alumnado de 3º e 4º
Ás 12:00 horas: titores legais de alumnado de 1º e 2º
Nesta xuntanza coñeceredes ao profesorado dos vosos fillos/as, e se vos facilitará a información básica do funcionamento do centro.
Este será, por tanto, o primeiro contacto co colexio neste novo curso escolar, e queremos destacar a importancia que ten a asistencia a esta primeira reunión para o maior aproveitamento do curso escolar dos vosos fillos e fillas.
CANDO COMEZA O CURSO PARA O ALUMNADO?
A xornada lectiva para o alumnado comezará o MARTES, 12 de setembro, ás 9:40 horas, con todos os servicios complementarios (transporte escolar e comedor escolar).
BENVIDOS/AS AO CURSO 2023/24