CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Actividades Complementarias

ENTROIDO 2024

Día de Entroido! ... e... tamén día de chuvia, así que houbo que facer un plan B. Este ano tivemos uns disfraces de cine: "Harry Potter", "Familia Adams", "Up", "O pequeno vampiro", superheroes e "A guerra das galaxias".

Fixemos as tradicionais fotos de grupo e despois desfilamos, recitamos as coplas de Entroido e bailamos no ximnasio. Pasámolo moi ben, con chuvia e todo. Para ver tódalas fotos, preme na imaxe.

ACTO POLA PAZ 2024

 Este ano o CEP Pedro Caselles Beltrán celebrou o seu acto pola paz coa visualización dun vídeo. Neste vídeo-manifesto pola paz intervén a totalidade do alumnado e profesorado do centro.

Distribución de froita e leite no recreo

Neste curso retomaremos a distribución de froita e leite  no recreo,  polo programa do FOGGA no que estamos inscritos.

Comezaremos coa froita e o leite o día 15 de xaneiro.

Froita:

Nos días indicados distribuirase a froita que se indica (agás que por circunstancias de distribución teñamos que modificar).

Facilitarase unha ración a cada alumno/a no tempo de recreo ou en momentos previos.

Leite:

Comezaremos o mesmo día 15 e distribuirase durante catro semanas (ata o 9 de febreiro). Daráselles leite enteiro de calidade (leite galego).  Haberá leite sen lactosa para o alumnado con certificación médica de intolerancia.

Para iso precisamos que os vosos fillos e fillas traian ao colexio unha taza ou vaso, que utilizará cada día no consumo deste leite.

O programa está enmarcado  nas directrices sanitarias do fomento dunha correcta alimentación, tan importante para o crecemento san do noso alumnado, e supón un esforzo que temos que compartir mestres/as e pais/nais para consolidar bos hábitos alimentarios que perdurarán na súa vida. 

Está financiado con fondos europeos, polo que resultará gratuito para as familias.

Como outros anos, haberá un segundo período de distribución no mes de abril.

CINE E VISITA A VIGO

Este curso temos como proxecto de centro o cine, e que mellor forma de traballalo que ir ao cinema.

As nenas e nenos do CEP Pedro Caselles foron todos a Vigo a ver unha película nun cine de verdade, con "palomitas" e todo. Portáronse e pasárono xenial!

Para rematar a xornada fixemos un percorrido polas rúas da cidade, as luces estaban apagadas porque era de día pero gozamos inmenso da decoración de Nadal. Para ver tódalas fotos, preme na imaxe.

 

SAMAÍN 2023

No Caselles celebramos o Samáin ao grande. Primeiro fixemos un gran mural no que colaboramos todos. E alí diante do mural fixemos a nosa exposición de terroríficas cabazas que nenas e nenos trouxeron da súas casas. E, como remate o día 31 case todo o alumnado acudiu ao centro con terroríficos disfraces.

Na nosa biblioteca tamén se uniron a festa cun concurso de debuxos monstruosos e relatos de medo. O 31 xuntámonos todos para a entrega de premios. 

Preme AQUÍ para ver máis imaxes

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2023

Este mércores despedimos o curso 2022/2023 co noso gran Festival de Fin de Curso.

Música, baile, teatro e moitas, moitas risas. Alegría nas caras do nenos dándolle a benvida ao verán, a un descanso merecido.

Tamén houbo bágoas, unha nova promoción que se nos vai, pero que non esqueceremos, serán por sempre dos nósos. Moita sorte na vosa nova andaina!!!

Para ver as fotos preme na imaxe. A medida que os vaiamos montando iremos colgando os vídeos.

Festival final de curso

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO AS ILLAS CÍES

Como remate da nosa Semana Cultural o colexio enteiro fixo unha saída moi especial. Todos xuntos fomos de visita as Illas Cíes, un auténtico paraíso natural.

Primeiro en autobús ata Baiona e alí collemos un barco que nos levou as Illas. Unha vez alí un grupo de monitores levounos de visita guiada, aprendemos un montón de cousas e fixemos unha boa andaina. Despois xantamos e xa pasamos o resto do día xogando, xogando na area, na auga e polos camiños. O tempo tamén nos axudou, un día perfecto!

Para ver as fotos da xornada, preme na imaxe.

Semana de Educación Vial

Nos días 27 a 30 de marzo celebramos unha nova edición da SEMANA DE EDUCACIÓN VIAL no Caselles.

Unha vez máis tivemos unha ocasión fantástica para que os alumnos e as alumnas do cole collan conciencia da importancia do conxunto de medidas para acadar a mellor seguridade na convivencia na rúa, xa como peóns, como usuarios de bicis, patinetes ou no futuro, os coches. Esta é unha tarefa continuada, para acadar unhas xeracións máis responsables e cívicas no uso das vías públicas. Aquí unha mostra do que aprenderon e disfrutaron nestes días:

 

8 DE MARZO. SABÍAS QUE?...

Hoxe celebramos todos xuntos o día da muller. Tres enormes murais foron enchidos con cousas que todos deberíamos saber nunha data como hoxe. Baixo o título " Sabías que?..." lemos cousas sobre os feminismo, os dereitos das mulleres ao longo da historia, e sobre grandes mulleres... Foi un acto divertido e emotivo. Para ver tódalas fotos, preme na imaxe.

 

Distribuir contido