Por primeira vez, despois de dous anos, tivemos unha celebración con tintes de normalidade. Faltounos a presenza e o calor das familias, e os diferentes niveis non se puideron mesturar, pero aínda así, a nosa festa do outono, xa nos recordou a outras épocas, na que o coronavirus non controlaba a nosa existencia.
Empezamos a primeira hora coas carreiras por niveis. Todos os nenos e nenas do Caselles fixeron a súa carreira na medida das súas posibilidades e gozando ao máximo.
Rematada a carreira, e despois dun pequeno recreo, comezaron os xogos populares: marro, soga-tira, carreira de sacos, a ferradura, a ra, brilé, buxainas, mariola, chave, as catro esquinas e zancos. Todos estes xogos estiveron controlados por uns monitores e monitoras moi especiais, as nenas e nenos de sexto curso. Ao mesmo tempo outro grupiño estivo facendo as fogueiras e asando as castañas. Temos que felicitar o bo facer e o alto nivel de competencia destes axudantes.
E xa como remate de xornada, degustación das castañas asadas. Estaban boísimas!!!
O dito, non foi normalidade, pero parecíase bastante.
As adegas Altos de Torona invitáronnos a compartir a súa vendima, e foi unha oportunidade que non quixemos desperdiciar. Nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º curso, aproveitando a proximidade dos viñedos ao noso colexio, fomos dando un paseíño. O alumnado 3º e 4º foron e volveron andando, 1º e 2º só baixou, custou subir a costa, pero despois gozamos das marabillosas vistas do seu miradoiro.
Recibíronnos unhas mozas moi atentas que lle regalaron unhas camisetas a cada neno e nena, que de seguido estrearon. Despois explicáronnos cousas moi importantes e moi interesantes sobre as uvas e a vendima. E xa como remate, todos a vendimar!!!
Foi unha experiencia moi educativa e enriquecedora, e dende o CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán queremos agradecer as adegas Altos de Torona a invitación e o trato recibido. Esperamos repetir o ano que ven. Moitas grazas!
Foi un curso especial e diferente por mor da COVID-19!
Pero a pesar de todo isto, saímos adiante e superamos as adversidades e o alumnado do CEP PEDRO CASELLES BELTRÁN esforzáronse e superánronse con todas as novidades que dita situación conlevou: uso de tapabocas e xel, respectar as distancias, os grupos-burbullas....
Uns auténticos campeóns!
Coa situación da COVID cunha certa estabilidade celebrouse o tradicional festival de despedida do curso. A continuación deixamos fotos e videos coas diferentes e variadas actuacións na que participaron todos os cursos do colexio pero os grans protagonistas foron os alumnos e alumnas de 6º de primaria que nos deixan unha pegada polo seu paso no noso centro.
Coas condicións meteorolóxicas favorables rematamos a semana cultural coa celebración do Festival das Letras galegas.
Os protagonistas e o peso leváronno os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria pero houbo distintas participacións doutros cursos, dando como resultado a unha variedade de actuacións. Dende unha dramatización relacionada coa temática do cole (E-COMEDOR), presentación e recitado adicado á escritora homenaxeada polas Letras Galegas: Xela Arias e, por último, homenaxe a nosa cultura e a nosa contorno.
Ademais entregouselles un diploma aos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de Primaria como recompensa ao seu traballo e esfrozo adicado ao roteiro do día do Libro.
Aquí tedes os videos destas fermosas actuacións que, a pesar dalgúns problemas técnicos de son, os nenos e nenas realizaron espléndidamente.
As nenas e nenos do Caselles estiveron buscando unha vacina para achegarnos cada vez máis a paz no mundo.
Contra as guerras, a paz, o diálogo, o amor, o respecto, a paciencia, a contención, a amizade, a axuda ou o amor funcionan como a unha vacina de grande eficacia, e iso ben o sabe o alumnado do CEP Pedro Caselles.
O venres 5 de febreiro comezamos os obradoiros nos que os nenos/as aprenden de xeito máis dinámico e divertido:
As dúas últimas horas, facemos desdobles mantendo os "grupos burbulla" nos que facemos catro obradoiros:
"Radio Uncas": a lingua inglesa a través do xogo, elaboración de programas de radio, xogos lingüisticos...
"Enxeñeiros/as": a ciencia e as matemáticas divertidas: robótica, scratch, microscopios, xogos científicos, experimentos...
"A horta": plantación sementes, bulbos, actividades no invernadero, seres vivos... etc...
"O noso Patio": iniciar a transformación do noso patio, a partir das inquedanzas dos nenos/as, canalizadas a través da Xunta dos nenos/as e das titorías, empezando coas maquetas do patio que eles queren.
A pesar de ser un ano complicado, as nenas e nenos de Caselles tiveron o seu Entroido. Comezaron cun chocolate con churros, xentileza da cociña. Despois cada curso situouse nas súas casiñas de entrada, e polo patio do colexio fixemos un divertido desfile. Curso a curso e mantendo as distancias, por suposto, botando moito de menos a compañía das familias.
Este venres celebramos o noso magosto, co xa tradicional cross de outono. Non puidemos ter a festa coma tódolos anos, coas nosas fogueiras e xogos populares, pero aínda asítivemos o cross e comemos castañas.
As carreiras foron por cursos, con máscaras e sempre mantendo as distancias. Tampouco puidemos xuntarnos cos compañeiros e compañeiras doutros cursos, pero dende a distancia estivemos animando.
Despois no recreo comemos as castañas, que nesta ocasión, as asou Diego, o noso cociñeiro no forno.
Este vai ser un Samaín inusual, a COVID-19 é a culpable. Renunciamos a xa tradicional exposición de cabazas, pero non ao terrorífico mural feito por nenas e nenos de tódolos cursos, este ano cheo de caveiras de tódalas cores e formas.
Pasaremos a sacar a tradicional foto por grupos diante do cadavérico mural e logo veremos o vídeo feito con tódalas historias de medo coas que colaboraron as familias.