CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Complementarias

Xornada formación para familias

Distribución de froita e leite no recreo

Neste curso retomaremos a distribución de froita e leite  no recreo,  polo programa do FOGGA no que estamos inscritos.

Comezaremos coa froita e o leite o día 15 de xaneiro.

Froita:

Nos días indicados distribuirase a froita que se indica (agás que por circunstancias de distribución teñamos que modificar).

Facilitarase unha ración a cada alumno/a no tempo de recreo ou en momentos previos.

Leite:

Comezaremos o mesmo día 15 e distribuirase durante catro semanas (ata o 9 de febreiro). Daráselles leite enteiro de calidade (leite galego).  Haberá leite sen lactosa para o alumnado con certificación médica de intolerancia.

Para iso precisamos que os vosos fillos e fillas traian ao colexio unha taza ou vaso, que utilizará cada día no consumo deste leite.

O programa está enmarcado  nas directrices sanitarias do fomento dunha correcta alimentación, tan importante para o crecemento san do noso alumnado, e supón un esforzo que temos que compartir mestres/as e pais/nais para consolidar bos hábitos alimentarios que perdurarán na súa vida. 

Está financiado con fondos europeos, polo que resultará gratuito para as familias.

Como outros anos, haberá un segundo período de distribución no mes de abril.

Festival Nadal 2023

Podedes ver as fotos da visita de Papá Noel e do festival premendo na imaxe.

 

Festival final de curso

 

Semana de Educación Vial

Nos días 27 a 30 de marzo celebramos unha nova edición da SEMANA DE EDUCACIÓN VIAL no Caselles.

Unha vez máis tivemos unha ocasión fantástica para que os alumnos e as alumnas do cole collan conciencia da importancia do conxunto de medidas para acadar a mellor seguridade na convivencia na rúa, xa como peóns, como usuarios de bicis, patinetes ou no futuro, os coches. Esta é unha tarefa continuada, para acadar unhas xeracións máis responsables e cívicas no uso das vías públicas. Aquí unha mostra do que aprenderon e disfrutaron nestes días:

 

O noso patio

O noso patio vai medrando en recursos para disfutrar nos tempos de recreo ou cando sexa.

 

 

https://www.instagram.com/reel/CeBK0CJKl0Q/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

Distribución de froita e leite na escola

Distribución de froita e leite na escola.

Este curso iniciamos a campaña de distribución de leite e froita na escola a partir do luns, 23 de xaneiro.

Repartirase unha ración de froita e un vaso de leite cada día, segundo calendario adxunto.

Esta distribución farase nos recreos ou momentos previos ao recreo.

Terase en conta as intolerancias certificadas que constan no centro

Agradecemos a vosa colaboración animándoos a comer esa froita e vaso de leite (poderán traer algún complemento para o leite, se prefiren)

CALENDARIO DE DISTRIBUCIÓN 

Emisión en directo 12 de maio de 2022

Emitimos en directo!   O xoves 12 de maio inauguramos  a nosa megafonía exterior, e aproveitando a semana cultural falamos do  Camiño de Santiago a toda a comunidade.

A emisión non foi moi ben. Tivemos problemas técnicos diversos, e o resultado final está aqui reflexado. Pero están colgados todos os podcasts dos difentes grupos ,e podedes escoitar con calidade. 

Prometemos mellorar técnicamente na próxima edición, que será pronto!

 

 

O MECO MANDA...

Para mañá xoves, o Meco manda...

 

"Para rematar de camiñar,

o disfraz que che pete podes levar"

 

O MECO MANDA...

Para mañá martes, o Meco manda...

“Se queres ser un peregrino molón

trae un calcetín de cada cor.”

Distribuir contido