CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Complementarias

O MECO MANDA...

O vindeiro luns comezamos coa celebración do entroido no Caselles. Non esquezas facer caso ao Meco, que xa apareceu polo noso cole coa súa primeira orde:

"Cando o entroido comeza

non esquezas levar algo na cabeza"

 

COMEZAMOS OS OBRADOIROS

O venres 5 de febreiro comezamos os obradoiros nos que os nenos/as aprenden de xeito máis dinámico e divertido:

As dúas últimas horas, facemos desdobles mantendo os "grupos burbulla" nos que facemos catro obradoiros:

"Radio Uncas": a lingua inglesa a través do xogo, elaboración de programas de radio, xogos lingüisticos...

"Enxeñeiros/as": a ciencia e as matemáticas divertidas: robótica, scratch, microscopios, xogos científicos, experimentos...

"A horta": plantación sementes, bulbos, actividades no invernadero, seres vivos... etc...

"O noso Patio": iniciar a transformación do noso patio, a partir das inquedanzas dos nenos/as, canalizadas a través da Xunta dos nenos/as e das titorías, empezando coas maquetas do patio que eles queren.

Estes obradoiros, manteranse ata maio!!!

 

NADAL 2020

E chegamos a fin do primeiro trimestre máis estraño da nosa historia...un trimestre duro pero tamén moi satisfactorio.

A COVID levouse gran parte da nosa normalidade, tamén  noso esperado e desfrutado festival de Nadal. Pero o que non conseguiu o coronavirus foi que este non fora o noso día especial. Todos os nenos e nenas do centro tiveron a súa pequena actuación nun vídeo que foi visualizado nas aulas, a modo de sucedáneo de festival.

Tamén, ao longo de toda a mañá, Papá Noel estivo visitando tódalas aulas e a tódalas nenas e nenos. Este ano veo cun saco de agasallos para cada aula, un saco cheíño!!! Todas as nenas e nenos do  Pedro Caselles queren darlle as grazas a ANPA Mosteiro por haber falado con Papá Noel e haber conseguido que pasara unha mañá enteiriña no noso cole. Se queredes ver as fotos desta visita premede enriba da imaxe.

Se queredes ver como quedou decorado o noso cole para nadal, preme na seguinte foto.

Axudas para usuarios de comedor escolar

O día 30 de marzo publicouse no DOG unha liña de axudas económicas para axudar nos gastos de alimentación ao noso alumnado como consecuencia da perda deste servicio de comedor polo peche dos colexios.

A axuda consiste en aboar ás familias un importe de 2,5 euros por día lectivo no caso do alumnado con gratuidade total, e de 1,5 euros para o alumnado que aboa 1 euro.

Este abono corresponde aos días efectivos sen servicio de comedor, nesta primeira etapa ata as vacacións de Semana Santa. Corresponden por tanto 13 días lectivos (o 20 de marzo foi declarado como festivo opcional no noso centro).

No caso de prorrogarse a cuarentena, a Consellería libraría unha nova partida para o período sucesivo.

Como hai que facer para solicitalo:

Opción 1:  podedes solicitalo con certificado electrónico na SEDE.XUNTA.GAL,  conforme ás instrucción que figuran na orde de convocatoria (documento adxunto).

Opción 2:  Se non tedes medios para realizar esta solicitude electrónica, a Consellería habilita excepcionalmente, e dadas as circunstancias, a posibilidade de colaboración por parte do colexio,  facilitándonos a información necesaria para que poidamos tramitar esa axuda.

Esta opción non contempla a visita ao colexio! Evitamos todo contacto físico!

Información que precisamos:

  • Nome e apelidos dos titores legais dos alumnos/as.
  • DNI dos titores legais
  • Nome e apelidos dos alumnos beneficiarios
  • Nº de conta bancaria (IBAN) onde queredes recibir o ingreso da axuda.

Como facernos chegar esa información:

E preciso que sexa clara e sen erros, por iso vos aconsellamos que nola enviedes por correo electrónico ao colexio (cep.pedro.caselles@edu.xunta.gal) como imaxes (fotos dos carnets de identidade, foto do número de conta bancaria).

De non ser posible, comunicándolle esa información aos vosos titores polos medios que utilizades habitualmente estes días.

E como última posibilidade, contestando por esta mensaxería abalarmóbil ou cunha chamada telefónica aos números do colexio  886110737 - 886110738

Prazo:

O último día para realizar esta solicitude é o 6 de abril, polo que teredes que ser rápidos na xestión desta solicitude (se solicitades a través do colexio, teredes que darnos tempo para poder tramitar a solicitude)

Como enviar imaxes por correo electrónico:

Por se vos serve de axuda, deixamos un video con indicacións para mandar un correo electrónico con imaxes:

Desfile Entroido 2020

Xornadas de educación vial no colexio

Novamente disfrutamos de tres xornadas  nas que o alumnado pasouno moi ben aprendendo conceptos de seguridade vial: normas, seguridade,  sistemas de circulación, sinalización, etc.

Temos que agradecer á Dirección Xeral de Tráfico, así como a Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e Concello de Tomiño. Con todos os seus medios, e sobre todo, coa súa experiencia que transmitiron aos nenos e nenas do colexio, conseguiron, con seguridade, unha mellor formación en materia de seguridade vial.

Noraboa de novo á ANPA por ter conseguido esta actividade no colexio, e pola vosa implicación continuada!

Agora tócanos retomar a mobilidade sustentable:  máis camiñatas e bicis para o traslado ao colexio; máis corrección no uso dos vehículos privados nas proximidade do centro.

Pincha no cartel para disfrutar das fotos

FIN DE CURSO 2016

E xa rematou este curso 2015/2016, e unha nova remesa de nenos e nenas que se van cara a unha nova aventura na que lles desexamos a mellor das fortunas. Aqui vos deixamos a xornada en imaxes, iremos engadindo máis fotos e videos nos vindeiros días.

 

 

ILLA DE ONS

Saída a Ons rematada. Comezamos con chuvia, pero ben está o que ben acaba, e despois do pequeno chaparrón da mañán, tarde estupenda para todos. As fotos irémolas subindo pouco a pouco na nosa conta de picasa. Tampouco as subiremos todas de golpe, senón que iremos actualizando.

 

SEMANA CULTURAL/SEMANA DO MAR

Como todos os anos nestas datas, celebramos a  Semana Cultural. Este ano adicámoslla ao mar e por suposto a Manuel María.

Tivemos toda a semana actividades especiais, nas que os nosos nenos e nenas se empaparon do sabor do mar e da cultura.

O mércores 18, os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º,  tiveron obradoiros cun Nutrichef (Adrián Martíns) no que elaboraron hamburguesas con garavanzos e algas, e outro obradoiro co noso cociñeiro, no que fixeron o mesmo. Mentres  4º, 5º e 6º,  participaron nun obradoiro de regueifas con Luis Caruncho e Pinto  D’ Herbón.

 

 

O xoves 19, houbo tres obradoiros, nos que fomos rotando todos os nenos e nenas do cole.

  • Obradoiro de deportes no mar: Nel estaban Brais Acevedo (monitor de vela do Club deportivo Alagua, e Héctor (xuiz de regatas e presidente Club Deportivo Alagua).

 

  • Obradoiro de artes de pesca (ORPAGU: Organización de Palangreiros da Guarda) onde lles explicaron as artes de pesca centrándose especialmente no palangre, e fixeron algunha práctica de nudos.

 

  • Obradoiro de bioloxía (Paula Álvarez Iglesias: Doctora en Ciencias do mar da Universidade de Vigo), que deu unha charla sobre ecoloxía e a importancia do mar.
  • E  o xoves día 1 de xuño, Roberto un enxeñeiro naval, contounos das súas andanzas nos barcos de investigación, sobre todo as súas viaxes a Antártida e ao Ártico. Explicounos como traballan os científicos e como se vive nesas xeadas terras.

 

O venres tivemos a clausura desta semana especial onde os nenos e nenas trataron a ecoloxía e homenaxearon ao escritor  Manuel María mediante actuacións de teatro, música…

 

 

VIDEOS DO FESTIVAL

  • PARTE 1 -PRESENTACIÓN (1º e 2º de Primaia) -TELEXORNAL (4º de Primaria)
  • PARTE 2 - PRESENTACIÓN MANUEL MARÍA (6ºA de Primaria)
    PREÁMBULO  DE "O CASO DO XUÍZO EN LIXOLANDIA" (1º e 2º de Primaria)
    RECITADO DE POEMAS MANUEL MARÍA (2º A e 2ºB de Primaria)
    1º ACTO DE "O CASO DO XUÍZO EN LIXOLANDIA" (1º e 2º de Primaria)
    MAIOS (5º e 6º de Primaia)

  • PARTE 3 - 2ºACTO DE "O CASO DO XUÍZO EN LIXOLANDIA" (1º e 2º de Primaria)
    ACTUACIÓNS MUSICAIS (Unha delas é Amoriños Collín. Nenos e nenas de diferentes cursos coas profes Rosa Couto e Berta)
    3ºACTO DE "O CASO DO XUÍZO EN LIXOLANDIA" (1º e 2º de Primaria)
    ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME LITERARIO

 

VIDEOS, POR ACTUACIÓNS (Facede clic no que vos interese)

TALLER DE DOBRAXE

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º curso viviron unha experiencia do máis interesante. Suso Pando e Manuel Pombal, do grupo de teatro "Fulano, Mengano e Citano", estivéronllles ensinando como se fai a dobraxe dunha película. Nenos e nenas estiveron dobrando un capitulo de Bob Esponxa.

Esta actividade está organizada polo concello de Tomiño.

Distribuir contido