CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Complementarias

DÍA DA PAZ

Este venres 30 de xaneiro, coma todos os anos  celebramos o día da Paz. A chuvia non nos deixou celebrar o acto completo, pois non puidemos colgar as nosas gotas de plástico reciclado con mensaxes de paz. Cousa que faremos en canto salga o sol.

Xuntámonos todos no ximnasio e fixemos seis rodas de nenos e nenas, unha por cada curso. Primeiro cantamos a canción de John Lennon "Give peace a chance" e despois bailamos unha danza todos xuntos para celebrar a paz. Todo isto presidido por unha pancarta con frases de Malala e Gandhi.

 

 

 

FESTA DO OUTONO 2014: MAGOSTO E CARREIRA SOLIDARIA

Por fin demos celebrado a nosa festa do outono! Despois de moito aplazar o tempo estivo da nosa parte.

Comezamos neste marabilloso e solleiro día celebrando a Carreira Solidaria "Fame no Sahel". Os nenos e nenas esforzáronse e disfrutaron ao máximo.

Despois xogos, moitos deles relacionados coa auga, o noso tema estrela para este curso.

E como remate coméronse as castañas asadas, que este ano debían estar boísimas, porque non sobrou ningunha.

 

 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

O Festival Fin de Curso é o remate, cada ano, do curso escolar. Este ano non podía ser menos, fantástica despedida para os nenos e nenas de 6º que nos deixan para emprender unha nova etapa das súas vidas.

 

 

 

 

 

OS NOSOS XARDÍNS

Estamos poñendo o noso colexio do máis bonito e colorido. Que vos parece? Iso si, levamos traballado o nóso.

 

XORNADA DE PINTURA AO AIRE LIBRE

O Equipo de Actividades Complementarias organizou esta xornada de pintura ao aire libre como despedida de trimestre. Organizouse o alumnado en grupos e cada un adicouse a unha actividade diferente: Pintado do mural da paz, pintar con Miró, carboncillo, decoración de manteis con rotuladores e ceras, mandalas, colorear coa técnica de puntos, decorar con xiz...

ACTUACIÓN DO MAGO ZANAS

Este venres o Mago Zanas actuou para tódolos nenos e nenas do CEP Pedro Caselles. Deixounos abraiados.

ENTROIDO 2014

Xa chega o Entroido,este ano adicado aos antigos oficios.

Tivemos que suspender o desfile por medo a chuvia, e non subimos ao Alivio como tíñamos previsto pero fixemos unha pequena festa no patio e no ximnasio, que rematamos coa degustación dos postres.

 

 Tamén nestes días de Entroido recibimos a mulleres do Centro de Día de Tomiño. Estiveron cos nenos e nenas de 3º e contáronnos moitas cousas dos oficios e dos tempos de antes.

 

 

 
 

DÍA DA PAZ 2014

Como xa é habitual cada 30 de xaneiro, o CEP Pedro Caselles fixo un pequeno acto para conmemorar o día da Paz. Primeiro atamos globos brancos que semellaban pombas da paz, logo cantamos "Blowing in the wind" de Bob Dylan, diante dunha pancarta adicada a persoas que traballan ou traballaron pola paz, este video non o colgamos pois a causa dos dereitos de autor tería que sair mudo; e finalmente bailamos todos "Don Melitón". Quedounos pendente pintar un gran mural, pero a causa do mal tempo non puido ser.

 

Para ver os ensaios da danza feitos por tódolos cursos na aula de música premede AQUÍ

 

DECORAMOS AS PAREDES DO NOSO COLEXIO

O equipo de actividades complementarias do CEP Pedro Caselles, axudados por os alumnos de 5º e 6º, van a decorar as pardes interiores do colexio. Estamos empezando pero xa podemos ir imaxinando o ben que vai quedar.

 

Distribuir contido