CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Complementarias

DÍA DA PAZ

"Somos unha marea de xente, todos diferentes, remando ao mesmo compás". Baixo este lema as nenas e nenos do Pedro Caselles fixemos unha cadea humana para cantar os nosos mellores desexos no patio do colexio. Para ver fotos do acto preme na nosa pomba da paz.

 

 

FESTIVAL NADAL 2010

Un ano máis celebramos o festival de Nadal no colexio. Foi unha festa moi divertida, con bailes, actuacións musicais, teatro... e moita marcha. Podes velo resumido no video.   Feliz Nadal!

 

Para ver unha reportaxe fotográfica do festival, premer AQUÍ

 

O NADAL CHEGA

O Nadal xa chegou ao Pedro Caselles, todo o mundo anda cos preparativos. O primeiro decorar o centro, para ir entrando en ambiente. Nos recreos todo son ensaios para o día grande, que terá lugar este ano o 22 de decembro co xa tradicional festival de Nadal. Esperamos que este ano a afluencia de público sexa tan numerosa como en anos anteriores.

 

 

Actividade sobre árbores e plantas

Rosa creou esta pesentación interactiva sobre árobres e plantas do noso contorno, para preparar aos seus alumnos para a saída de Turonia. 

 

 

 

 

A festa do outono

O 2 de novembro celebrouse a xornada de festa do outono, con carreiras, xogos tradicionais... e por suposto, o magosto.

Tivemos unha mañá fermosa, que pasou máis rápido que nunca. Podían  ser así tódolos días!

Temos dous videos da xornada:

 

Tamén temos un album con moitas fotos. Podes velas pinchando no enlace.
FOTOS MAGOSTO

SAMAÍN-HALLOWEEN

O venres 28 de outubro celebramos no colexio o Samaín a par que o departamento de inglés celebraba o seu Halloween. As dúas festividades teñen a mesma orixe, o culto celta a os mortos na véspera do seu ano novo.

 


Turonia 2010

No 2010 cumplimos 10 anos de Turonia. Son xa moitas edicións dunha actividade que percorre camiños e lugares do noso propio concello, e que fai que o coñezamos mellor en aspectos particulares, como a súa historia, as súas tradicións, etc, como en cuestións máis xerais, como zooloxía, botánica, etc.

As nosas camisetas e gorras xa son famosas por Tomiño, e a xente comenta "Alí veñen os de Turonia", cando ven pasar unha morea de cabezas verdes.

O logotipo empregado este ano fai referencia ao universo, como recordatorio das actividades que se fixeron no colexio durante o curso.

O Turonia de 6º fíxose conxuntamente con Barrantes e Sobrada, e trazamos o camiño de Santiago en sentido inverso, comezando no Tetón e rematando en Goián.

Pasamos noite no noso colexio, e ao final da segunda xornada, tivemos outra vez a experiencia das piraguas no río.  

Foto dos alumnos diante da igrexa de San Salvador de Tebra

 Unha experiencia inesquecible.

 E tamén fixeron Turonia o resto dos alumnos do colexio. O primeiro ciclo fixo unha ruta pola zona do Xibao, e aprenderon moito sobre herbas e plantas.

O segundo ciclo e 5º curso fixeron un percorrido dende o cole ata Hospital, e dalí ao río de A Pedra. E xa demostraron que están preparados para o turonia final.

Se facedes clic na foto, podedes acceder a un album de fotos do Turonia de 6º 

Video da xornada de plantación

Temos este video que resume a xornada de plantación:

 

Video da xornada de plantación

Colgamos en YouTube este vídeo da xornada de plantación:

Plantación 2010

O xoves 25 de marzo realizamos a plantación deste curso no monte de O Xibao.

 

Trátase dunha parcela da Comunidade de Montes de Tomiño que dende o ano 2002 utiliza o noso colexio para concienciar ao alumnado sobre o valor da conservación e recuperación do noso medio natural, fundamental para garantir un futuro ao planeta.
Os anos anteriores a 2002 este lugar era un cruce de camiños no que algunhas persoas vertían residuos domésticos e todo tipo de material, sendo  un dos tantos vertedoiros ilegais que desgraciadamente padecemos nos  montes.

 

 

Polo interese da Comunidade e o esforzo dos nosos alumnos e alumnas ao longo de todos estes anos, temos agora un lugar en fase de rehabilitación, no que pouco a pouco medran especies propias da nosa zona, de maneira diversificada, e con preponderancia de caducifolias.

 

Alí hai carballos, bidueiros, freixos, pradairos, amieiros, castiñeiros, avelaeiras... un lugar que co tempo estase a transformar nun aula forestal para o noso alumnado e para tódolos veciños.

 

Distribuir contido