CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Grupo

Actividades desenvolvidas directamente polos membros do grupo

Memoria Voz Natura 2020

Este foi un curso moi especial, un curso truncado, o confinamento diexounos sen moitas das nosas actividades identitarias, pero aínda así aquí podedes ver todo o traballo que se fixo para o programa Voz Natura, levado a cabo, sobre todo, polo noso grupo ecolóxico.

UN TESOURO NO MONTE: PLANTACIÓN

   Este luns o alumnado de 2º e 5º curso participou nunha  plantación de árbores no monte comunal no barrio do Xibao. 

    Esta actividade forma parte do proxecto de Voz Natura “Un tesouro no monte”. Nenas e nenos acudiron andando a un monte preto do centro, unha vez alí armados de sachos e anciños procederon a plantar varias especies autóctonas. Despois dunha pequena explicación por parte de membros da Comunidade de Montes e do profesorado, os nenos fixeron grupos e comezaron a traballar de forma autónoma e ordenada. 

   O noso agradecemento a Comunidade de Montes de Tomiño por facilitarnos o traballo ao facer os buratos e proporcionarnos de forma desinteresada o terreo e as plantas.

A HORTA: PLANTAMOS PATACAS

Xa fixemos a nosa plantación de patacas. En canto o tempo nos deixe de novo, seguiremos plantando na hora do recreo. 

 

PRIMAVERA

ACONDICIONAMOS A ZONA DA CHARCA

O grupo ecolóxico comezou a acondicionar a zona onde temos a charca. Levamos traballado moito, decoramos as paredes, acondicionamos o terreo, recollemos o lixo...


Actividade sobre árbores e plantas

Rosa creou esta pesentación interactiva sobre árobres e plantas do noso contorno, para preparar aos seus alumnos para a saída de Turonia. 

 

 

 

 

Video da xornada de plantación

Temos este video que resume a xornada de plantación:

 

Video da xornada de plantación

Colgamos en YouTube este vídeo da xornada de plantación:

A crónica en imaxes da plantación 2010

1.-  Imos á parcela de O Xibao, perto do noso colexio 

 

2.- Hai que poñer un calzado axeitado

 

3.-  Primeiro nos organizamos

 

4.- Cada un colle o material necesario

 

5.- Mans á obra! Hai que facer moitos buracos

 

6.-  Tamén hai que prepararse para a choiva

 

7.- Isto parecía máis fácil

 

E8.- E seguimos plantando. Hai 100 árbores!

 

9.- Tamén hai que medir as árbores doutros anos

 

10.-  Toda a información é minuciosamente rexistrada.

 

11.- Ás veces aparecen pedras... como na escavación!

 

12.- Un pouquiño de esterco para que medren ben

 

13.- Hora da choiva... e da merenda!

 

14.- Cando escampa, seguimos traballando

 

15.-  Tamén se precisan podas de corrección 

 

16.- Facendo inventario

 

17.- Algunhas árbores queren un mimo especial

 

18.-  Hora de regar!

 

19.- Facemos unha cadea humana

 

20.- Para que a auga chegue a tódalas novas plantas

 

21.-  Toca recoller o cuberto

 

22.- E tamén o lixo. Non pode quedar nada no monte

 

23.- E por fin rematamos un bo traballo de equipo. Ata a próxima visita!

Plantación 2010

O xoves 25 de marzo realizamos a plantación deste curso no monte de O Xibao.

 

Trátase dunha parcela da Comunidade de Montes de Tomiño que dende o ano 2002 utiliza o noso colexio para concienciar ao alumnado sobre o valor da conservación e recuperación do noso medio natural, fundamental para garantir un futuro ao planeta.
Os anos anteriores a 2002 este lugar era un cruce de camiños no que algunhas persoas vertían residuos domésticos e todo tipo de material, sendo  un dos tantos vertedoiros ilegais que desgraciadamente padecemos nos  montes.

 

 

Polo interese da Comunidade e o esforzo dos nosos alumnos e alumnas ao longo de todos estes anos, temos agora un lugar en fase de rehabilitación, no que pouco a pouco medran especies propias da nosa zona, de maneira diversificada, e con preponderancia de caducifolias.

 

Alí hai carballos, bidueiros, freixos, pradairos, amieiros, castiñeiros, avelaeiras... un lugar que co tempo estase a transformar nun aula forestal para o noso alumnado e para tódolos veciños.

 

Distribuir contido