CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Grupo

Actividades desenvolvidas directamente polos membros do grupo

texto con foto

Un ano máis co grupo ecolóxico

foto do grupo ecolóxico 

Os primeiros pasos do horto

 

Onte os nenos e nenas do grupo ecolóxico comezaron cos prepartativos do horto escolar. Traballaron intensamente. Despois xa verán os resultados cando comecen a medrar todo o que se plante: leitugas, tomates, pementos…  Seguide así!

Por fin imos plantar!

Esta é a semana que finalmente decidimos ir plantar no monte.

O mércores, 11 irá o grupo ecolóxico a preparar as cousas. Hai moito que facer:  inventario de árbores vivas, os seus tamaños, espacios disponibles para plantar, pequenas podas (xa é algo tarde), organizar o espacio de plantación do día seguinte, etc.

Preparando as árbores para levar ó Xibao

Preparando as árbores para levar ó Xibao

Logo irá todo o colexio, o xoves 12, para plantar 50 árbores e moitas landras. Será un impulso máis á nosa parcela do monte que foi en tempos un lugar abandoado, con verquidos incontrolados, e agora estase a converter nun lugar fermoso.  Co tempo estamos a acadar un xardín botánico de especies propias, diferentes dos piñeiros e eucaliptos que tanto abondan por aquí:  carballos, castiñeiros, salgueiros, amieiros, capudres, biduieros, freixos, avelaeiras, …

Promete variedade e riqueza!

O blog da ecoloxía

  Seguimos co noso blog de Voz Natura para as actividades do Grupo Ecolóxico. Visitádeo con frecuencia.

Boletín informativo das nosas actividades

O colexio publicou un boletín informativo para pais e nais no que informa das actividades que levan a cabo os nosos voluntarios/as.

 Guiño  Podedes descargalo en formato PDF no arquivo adxunto. 

O empapelamento de caixas de reciclaxe

O grupo ecolóxico empapelou caixas de reciclaxe.Fixemolas cos seguintes pasos:

1º Cortamos caixas grandes pola metade.

2º Con celo pegamos as caixas.

3º Cortamos anacos de papel azul e fixamolos con celo ás caixas

4º Repartimos as caixas polas aulas.

 

Grupo ecolóxico: ¿quen somos?

Os membros do grupo ecolóxico somos alumnos do colexio que voluntariamente nos apuntamos a tarefas que teñen que ver cos asuntos do coidado do noso medio natural.

Traballamos normalmente nos recreos (¡non todos os recreos!),  organizados por equipos de amigos, que durante o ano imos cambiando de actividade segundo o que toque facer cada momento. Queremos aprender as boas costumes ecolóxicas, e queremos axudar a que todo o colexio as aprenda connosco. Non é nada difícil.

Algúns dos membros do grupo ecolóxico. E difícil atopar un momento no que todos estean libres para facer unha foto.

Se te preocupa a ecoloxía, únete ao noso grupo.

Distribuir contido