CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Plantación 2010

O xoves 25 de marzo realizamos a plantación deste curso no monte de O Xibao.

 

Trátase dunha parcela da Comunidade de Montes de Tomiño que dende o ano 2002 utiliza o noso colexio para concienciar ao alumnado sobre o valor da conservación e recuperación do noso medio natural, fundamental para garantir un futuro ao planeta.
Os anos anteriores a 2002 este lugar era un cruce de camiños no que algunhas persoas vertían residuos domésticos e todo tipo de material, sendo  un dos tantos vertedoiros ilegais que desgraciadamente padecemos nos  montes.

 

 

Polo interese da Comunidade e o esforzo dos nosos alumnos e alumnas ao longo de todos estes anos, temos agora un lugar en fase de rehabilitación, no que pouco a pouco medran especies propias da nosa zona, de maneira diversificada, e con preponderancia de caducifolias.

 

Alí hai carballos, bidueiros, freixos, pradairos, amieiros, castiñeiros, avelaeiras... un lugar que co tempo estase a transformar nun aula forestal para o noso alumnado e para tódolos veciños.