CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Complementarias

Entroido espacial!

Este ano estamos aprendendo cousas sobre o espacio. E no Entroido tamén.   Houbo planetas, cohetes, soles, astronautas,  marcianos...

Neste video podedes velo:

Tamén hai un album con máis fotos:

Nadal 2009

O 23 de decembro pasado celebramos no ximnasio un novo festival de Nadal, cheo de cancións, bailes, dramatización, e moita alegría.


Podes ver esta galería de fotos:

 

 

Nadal09

 

O OUTONO

Halloween

 

We celebrated Halloween in our school. We made pumpkins and decorated our classrooms and corridors with drawings of vampires, witches and ghosts. It was very scary! 

 

 

MAGOSTO 2009

O xoves día 19 celebramos o magosto. Comenzamos co cross de outono,

despois xogos populares mentres os de sexto facían as fogueiras

e rematamos coa castañada final. 

 

 

Entroido 2009

As máis importantes civilizacións da historia pasaron polo Mosteiro:

Os Exipcios: 

 

A cultura castrexa:

Os  incas americanos:

 

 

A idade de pedra:

 

O Imperio Romano:

e tamén a Grecia olímpica:

 

O DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro o Pedro Caselles celebrou o día da paz. Entre todos construímos frases para a
paz. Despois do recreo xuntámonos todos no ximnasio, cada curso mostrou a súa palabra, e todos cantamos a canción "Desaprender a guerra" que aprendemos durante a semana. Para rematar coas diferentes frases fixemos un bonito mural.

Tamén a profe de inglés fixo unha homenaxe a paz cun mural da cantiga "Imagine".

Festival de Nadal 2008

O venres, 19 de decembro, celebramos o tradicional festival de Nadal no ximnasio do colexio.  ¡Nunca viñeran tantos pais e nais a visitarnos!

Tivemos moitas actuacións e foi un festival moi bonito. Xa precisaremos un lugar máis grande para os próximos anos.

Os de segundo representaron unha historia:  "O lobo que quería comerse a Papá Noel". Houbo tamén unha réplica dun programa da TV (Tú sí que vales), e moitos bailes e panxoliñas.

En fin:  unha maneira bonita de comezar as vacacións do Nadal.

 

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Como todos os anos , o día 30 de xaneiro celebramos o día da paz. Este ano non houbo un gran acto único como en anos anteriores. De todas as maneiras ninguén pasou por alto tan sinalado día. Aqui veñen algúns exemplos do que se fixo no Pedro Caselles.

O primeiro feito nas clases de inglés no que se podían ler frases alusivas a ese día en varios idiomas:

Este foi feito polos nenos e nenas de terceiro:

E por ultimo os alumnos de 2º fixeron este outro mural:

Celebramos o entroido

O pasado venres 1 de febreiro foi o día grande do entroido 2008 no noso centro.

Para lembrar o ano olímpico, as nosas comparsas se relacionaban co mundo do deporte, e así poidemos ver remeiros, árbitros de fútbol, tenistas... mesmo houbo unhas fantásticas animadoras de aerobic que fixeron bailar a medio colexio.

 

Tamén tivemos o tradicional certame gastronómico, no que os alumnos e alumnas sorprendéronnos de novo coa variedade de postres relacionados coa época do ano.

 

Distribuir contido