CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Complementarias

OBRADOIROS DE PRIMAVERA

Mañá intensa hoxe no Caselles. Como xa é habitual dende fai un par de anos, despedimos o trimestre cunha chea de obradoiros, e iso que algúns non se puideron facer por culpa da chuvia: xardiñería, manualidades, pintura, inglés, atrezzo, linguaxe de signos, obradoiro naturézate, cociña e música foron o tema dos nosos obradoiros. Unha forma diferente de aprender cousas novas!

ENTROIDO 2016

Comezamos a celebración do Entroido o xoves día 4 co "Certame Gastronómico". As familias e os nenos colaboraron cos seus doces, houbo cantidade e calidade, tanto que aínda quedaron para o venres.

E o venres desfile. Este ano continuamos co tema da auga, 1º e 2º foron de pingüíns, 3º de bonecos de neve, 4º de pingas de auga, 5º de peixeiros e peixeiras e 6º de mariscadores e mariscadoras. Nun día espléndido desfilamos ata a praza do Seixo, e a volta tomamos un rico chocolate acompañado de filloas, orellas e biscoitos do Certame Gastronómico. Un día redondo!

 

DÍA DA PAZ 2016

Hoxe no Pedro Caselles fixemos un pequeno acto para celebrar o día da  paz. Xuntámonos todos no patio aproveitando o bo tempo. Primeiro os nenos e nenas de 5º curso cantaron "We are the world", e todos acompañaron co estribillo.

Despois todos xuntos escenificamos coas nosas "bailarinas"(feitas en días anteriores na clase)  a"Danza da fada do azucre" do Crebanoces de Tchaikovsky.

NADAL 2015

Este venres celebramos o final do 1º trimestre.

Nas dúas primeiras horas tivemos unha gran sorpresa, xa que nos apareceu polas clases o mesmísimo Papa Noel, nin máis, nin menos; que viña acompañado duns axudantes moi especiais: os nenos e nenas de 6º!!! Repartiron caramelos e cantáronnos unha panxoliña, e Papa Noel sempre con eles.

Despois baixamos ao ximnasio onde gozamos da actuación do grupo Migallas, cando remataron entregámoslle o cheque do cross solidario a Asociación Avelaíña.

E para rematar o día tomamos un chocolate con biscoitos.

FESTA DO OUTONO

Despois de moito aprazar, por fin puidemos celebrar a nosa Festa do Outono.

Empezamos a mañá coa nosa Carreira Solidaria, este ano o diñeiro recadado será para a Asociación Avelaíña: http://www.avelaiña.es/ . Os nenos e nenas esforzáronse ao máximo para facer o maior número de voltas posibles. Rematamos cunha carreira de "maiores" na que participaron membros de Avelaíña e algunhas nais e pais.

 

 

E despois do recreo continuamos a xornada cos xogos populares e o magosto. Fogueiras e xogos encheron o nosos patio. Xogos de sempre e xogos novos en relación coa auga.

 

CARREIRA SOLIDARIA

XOGOS POPULARES, MAGOSTO E BAILE

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixamos un video co festival das Letras Galegas celebrado na clausura da Semana Cultural do pasado mes de maio onde actuaron os nenos e nenas de diferentes cursos.

 

FIN DE CURSO 2015

E xa rematou o curso 2014/2015. Festa por todo o alto, coma sempre os nenos e nenas de 6º foron os grandes protagonistas.

Primeiro festival con actuacións de tódolos cursos, despois entrega de diplomas aos que se nos van para o Instituto, com moita lagrimiña polo medio...

Boa sorte rapaces e rapazas na vosa nova etapa!

Para ver os videos facede clic en cada unha das actuacións:

 

Resumo do festival - Clic aquí

1º PRIMARIA - A saia da Carolina

2º PRIMARIA - Que calor!

3º PRIMARIA - Firestone de Kygo

4º PRIMARIA - When all the saints go marching in

4º PRIMARIA - Baile Tristras polca de J. Strauss

5º PRIMARIA - All together now

5º PRIMARIA - Baile Tennese wig walk

6º PRIMARIA A - Exhibición acrosport

6º PRIMARIA A - Exhibición acrosport

6º PRIMARIA B - Exhibición acrosport

6º PRIMARIA B - Exhibición acrosport

6º PRIMARIA A - Baile Thirty Shop

6º PRIMARIA B - Baile Uptown Funk

6º PRIMARIA - Live is life

6º PRIMARIA - Baile Muévalo

6º PRIMARIA - Rasputín de Bony M

6º PRIMARIA - A mañá de Peer Gynt

6º PRIMARIA - Despedida e entrega de orlas

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO AS ILLAS CÍES

E alá nos fomos o colexio enteiro rumbo as illas Cíes. Un barco enteiriño para nós. Disfrutamos da illa e tamén da travesía en barco, para moitos unha experiencia única.

 

 

OBRADOIROS DE PRIMAVERA

Este venres para despedir o trimestre organizamos unha mañán de obradoiros. Houbo para tódolos gustos:

  • Obradoiro de música
  • Obradoiro de maquetas
  • Obardoiro de modelado
  • Obradoiro de cociña
  • Obradoiro de pompas
  • Obradoiro de pintura
  • Obradoiro das palabras
  • Obradoiro de papiroflexia
  • Obradoiro de horta e xardíns
  • Obradoiro de plástica
  • Obradoiro de experimentos con auga

 

ENTROIDO 2015

Este ano o tema arredor do que xirou o noso entroido foi a auga. Os de 1º e 2º foron de medusas, 3º de peixes, 4º de chuvia, 5º do Ciclo da Auga e 6º de buceadores. Aqui tedes o video e as fotos:

 

Distribuir contido