CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

FESTA DO OUTONO 2014: MAGOSTO E CARREIRA SOLIDARIA

Por fin demos celebrado a nosa festa do outono! Despois de moito aplazar o tempo estivo da nosa parte.

Comezamos neste marabilloso e solleiro día celebrando a Carreira Solidaria "Fame no Sahel". Os nenos e nenas esforzáronse e disfrutaron ao máximo.

Despois xogos, moitos deles relacionados coa auga, o noso tema estrela para este curso.

E como remate coméronse as castañas asadas, que este ano debían estar boísimas, porque non sobrou ningunha.