CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Competicións escolares

Aprendendo bádminton

Os alumnos do cole tamén traballan o bádminton

 

Participamos nas competicións deportivas

O sábado18 de abril o nosos colexio participou simultáneamente no campionato provincial de bádminton de A Estrada, e no campionato provincial de duatlón (atletismo e ciclismo) en Pontevedra .

Na Estradaí competiron con xogadores e xogadoras de grande nivel técnico. Pero con todo, acadamos o cuarto posto absoluto nas categorías de Benxamín Mixto, Alevín Feminino e Alevín Masculino. Nas tres categorías estivemos a piques de conseguir medalla. Esta vez non poido ser, pero o próximo ano ¡Seguro que o conseguiremos! 

 

 Simultáneamente, en Pontevedra, os nosos alevíns acadaron un excelente segundo lugar por equipos, soamente superados polo CEIP Coutada-Beade. Noraboa aos nosos atletas!

Participamos no Duatlon de O Porriño

O sábado 14 de marzo algúns alumnos do colexio participaron nunha proba de duatlón nas instalacións deportivas do polígono industrial A Granxa do Porriño.

Esta proba foi organizada polo Club Atletismo Porriño e nela participaron 10 valientes do Caselles que deixaron en moi bo lugar o noso nome:  David,  Desi, Rocío... todos fixeron un bo papel, e na categoría de Alevíns masculinos quedamos clasificados segundo, traendo un estupendo trofeo para o colexio.

 

 

Campionato provincial de Campo a Través

 

Os nosos participantes no campionato provincial de Campo a Través tiveron unha excelente actuación na proba celebrada en Chandebrito, no concello de Nigrán, o pasado sábado, 7 de febreiro.

Tivemos un día bonito no medio de tanta choiva, e os nosos atletas poideron demostrar  a capacidade para competir entre os mellores da provincia.

Hai que destacar a excelente actuación de Ana María Davila, décima na categoría Benxamín Feminino, ou Ezequiel Rodríguez, na categoría  de Alevín Masculino, moi preto tamén do grupo dos dez primeiros.

Isto representa un éxito para o noso colexio, que presentaba tres equipos, e anima aos nosos alumnos a seguir participando nas diversas actividades deportivas nas que estamos inscritos.

Noraboa a tódolos nosos atletas! 

 

Exito do Caselles na proba de campo a través deTomiño

O sábado 13 de decembro celebrouse a proba de campo a través en Tomiño, nas inmediacións do campo de A Carballa.

Foi un día con moita choiva, os atletas tiveron que mollarse para correr, pero valeu a pena: o noso colexio conseguiu varias medallas individuais (3º posto en Benxamin Feminino, 1º e 2º posto en Alevín Masculino, e algunha outra medalla.

Quedamos campións por equipos nas categorías Benxamín Masculino e Alevín Masculin, ademáis de boa clasificación noutras categorías.

No sitio web www.agrudebam.es hai máis información sobre a carreira.

Competición de bádminton


O mércores día 20 haberá unha xornada de competición de bádminton en Salceda de Caselas. Será durante a tarde dese día.

Exito da nosa participación no campionato provincial de campo a través

Os nosos alumnos que participaron na proba do campionato provincial de campo a través obtiveron uns sorprendentes resultados, xa que Ezequiel Rodríguez quedou segundo na categoría de benxamins, e Fernando Martínez 9º en Alevíns.

 

Dado o elevado nivel de participación, por ser unha proba provincial na que estaban representados os mellores clubes, temos que felicitar aos nosos cinco participantes que asistiron á carrera. O equipo alevín feminino, que quedou reducido a dúas representantes por culpa da gripe, fixo un bo papel, quedando situadas polo medo da táboa, diante de moitas integrantes de clubes. Tamén temos que destacar a carreira realizada por Christofer Pérez en infantis, categoría na que xa os clubes se desmarcan de forma clara sobre os participantes dos colexios.

Moitas felicitacións aos nosos participantes, e ánimo para as próximas carreiras.

 

Distribuir contido