Biblioteca
Biblioteca
Enviado por xose o Lun, 06/11/2017 - 21:30COPLAS DO 1º DE MAIO
Enviado por josean o Xov, 02/05/2024 - 23:53Agora, xa pasado, o periodo de venta á vontade, podemos publicar as coplas deste ano. Sen dúbida algunha a máis interesante a do maio, fabricada polos alumnos de 5º no noso Obradoiro de coplas de Maio e que foi recompensada co primeiro premio no Concurso.
U-los Mariñeiros
Enviado por josean o Mér, 01/05/2024 - 15:04Aquí están os Mariñeiros de Marín, os que sosteñen unha cultura en vías de extinción. Estas son as familias mariñeiras de Marín. Un vídeo traballado para presentar no I Certame do Mar do Museo de Marín.
Visita o teu Sequelo polo 50 aniversario
Enviado por inesduran o Mar, 30/04/2024 - 14:19Visita de Luís Davila, "O Bichero"
Enviado por inesduran o Ven, 26/04/2024 - 21:55Coñecendo a Luís Davila
Enviado por inesduran o Mér, 24/04/2024 - 21:56Apadriñamento lector
Enviado por laurarialf o Mér, 24/04/2024 - 16:17Aproveitando os raios de sol e que onte foi o día do libro, fixemos un apadriñamento lector! Tivemos unha xornada de convivencia onde os nenos e nenas máis pequenas escoitaron un conto da man dos e das maiores. Ao rematar, cada grupo/parella fixeron un debuxo sobre o conto que acababan de escoitar. Como nos gustou estar todos e todas xuntas!
Dádelle o play para coñecer os contos!
Obradoiro de Cómic
Enviado por inesduran o Mar, 23/04/2024 - 22:57Videopoema "Somos un"
Enviado por josean o Sáb, 20/04/2024 - 10:25Poema colectivo, a partir dunha tormenta de ideas sobre o ciclo da vida e a igualdade, plasmado logo en poema por Issam de 5º.
Diego BookTuber
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 20:57Un Booktube especial: á cámara Raúl de 6º e diante dela o seu irmán Diego, un experto no mundo dos Booktube
Sequelo Booktubers II
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 20:53Moitos máis libros imprescindibles, segundo os booktubers máis famosos do noso colexio.
Issam:
Joel:
Leire:
María:
Martín:
Sequelo Booktubers I
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 20:06Prestade atención ás recomendacións literarias que vos deixan os mellores Booktubers do noso centro:
Ainhara 5º
Alonso 5º
Álvaro:
Ángel:
Darío:
Desireé:
Día Mundial da Poesía 2024
Enviado por josean o Ven, 22/03/2024 - 09:09Que mellor xeito que celebrar o día mundial da Poesía que con Celso Emilio Ferreiro e o seu "A nosa amiga"
Campións de Xadrez: I Torneo 2023-24
Enviado por xose o Mér, 20/03/2024 - 19:03
O primeiro torneo deste curso ofrece a seguinte táboa de gañadores:
ZAID 6º curso |
5 |
MARTÍN S 5º curso |
5 |
MARTÍN C 3º curso |
5 |
RAÚL 6º curso |
4,5 |
ROBERTO 5º curso | 4,5 |
DANI 6º curso | 3,5 |
YAGO 6º curso | 3 |
IKRAM 4º curso |
3 |
MARIO 6º curso |
2,5 |
MARTIN C 2º curso |
2,5 |
MARIO 5º curso |
2,5 |
ROI 6º curso ÁNGEL 5º curso |
2 1,5 |
En cor figuran os gañadores por ciclos. ZAID gañador absoluto, Martín Campelo gañador do primeiro ciclo e Martín Carrasco gañador do segundo ciclo.
Noraboa a todos!!
Contacontos en Familia. Clase de 1º.
Enviado por inesduran o Mar, 19/03/2024 - 14:06Recollida de Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas
Enviado por josean o Dom, 17/03/2024 - 14:25Este ano imos participar dende a Radio Tuxiña co Proxecto Ponte nas Ondas no Certame “As imaxes do patrimonio” destinado aos centros educativos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal constitúe un exemplo de transmisión do patrimonio cultural inmaterial ás novas xeracións realizada a través da escola que serve de ponte entre as familias, comunidades portadoras, e o ensino formal.
Importante que as fotos que nos traiades SEXAN ORIXINAIS e de antes dos anos 70.
Como temos alumnado de distintas orixes, invitámolos tamén a que nos traian fotos do patrimonio cultural do seu país de orixe.
Como exemplo do que se pretende que sexa esta recolleita, deixámosvos o que fixo Darío Pereira Omil de 5º, cunha foto que lle cedeu o seu avó.
Man non está só (17 de Marzo día do Cómic)
Enviado por josean o Dom, 17/03/2024 - 11:17A finais de Febreiro a Asociación marinense "Non estamos sós" co gallo de visibilizar a situación dos nenos e nenas con enfermidades raras, no cartaz que editaron aparecía un boneco que nos gustou moito. Houbo, os menos, que se decantaron por dicir que era un axolote; a maioría falou dun Pokemon emparentado con Charmander.
O boneco como dixen pareceunos atractivo, e como en quinto estabamos traballando co Cómic clásico español, pois a iso se puxeron os alumnos coa personaxe. De seguida nos decatamos que necesitaba un nome e como a súa cara semellan dúas mans, o nome veu só.
Que día mellor co día Mundial do Cómic, entón para publicar as historias de Man.
17 de Marzo: Día do Cómic e do TBO
Enviado por inesduran o Ven, 15/03/2024 - 17:14Visita de David Rodríguez, autor de "Superavoa".
Enviado por Miguel o Dom, 10/03/2024 - 17:10Este pasado venres 8 de marzo visitou o colexio David Rodríguez, autor de "Superavoa", que fixo a delicia dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria. Deixámovos unha pequena mostra do que aconteceu.