try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Oferta de ciclos en modalidade DUAL

LISTAXE ADMITIDOS FP DUAL 1ª QUENDA E INFORMACIÓN PARA MATRICULACIÓN

Publicación das listaxes de persoas con praza adxudicada e de persoas en espera para proxectos de formación profesional dual para o curso 2023-2024.

Para máis información pinche no seguinte enlace:  https://www.edu.xunta.gal/fp/fpdual-convocatoria-2023-listaxes-prazas-adxudicadas

 

As persoas con praza adxudicada deberán matricularse presencialmente no centro adxudicado antes do día 26 de xullo ás 13:00 horas. No momento de matrícula deberase presentar:

- Dúas fotos tamaño carnet co nome escrito pola parte traseira

- Fotocopia do DNI

- Fotocopia da tarxeta sanitaria

- Certificación académica dos estudos cos que accede ao ciclo

- No caso de alumnos/-as menores de 28 anos, resgardo de ter pagado o seguro escolar (1,12€), onde apareza o nome do alumno/-a que se está a matricular no seguinte número de conta:

ES91 0238 8277 4006 6000 0271

- Modelo de matrícula cuberto (descargar arquivo adxunto)

 

 

PRAZAS LIBERADAS FP DUAL

Aquelas persoas que desexen matricularse nas prazas liberadas poderán facelo presencialmente no centro a partir do 27 de xullo.

Para máis información pode porse en contacto en cifp.granxa@edu.xunta.gal

 

CICLOS FP DUAL CURSO 2023-24 - Listaxe de persoas admitidas 1ª e entrevistas

Publicada a listaxe de persoas admitidas nos ciclos de DUAL para o vindeiro curso 2023-24, en primeira quenda. Pódese consultar nos seguintes enlaces:

CICLO MEDIO DE ACEITES DE OLIVA E VIÑOS

CICLO MEDIO DE XARDINARÍA E FLORARÍA

CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL

Ou ben accedendo co identificador persoal en:

CICLOS ADMISIÓN

 

As persoas admitidas poderán asistir ás entrevistas persoais coas empresas no CIFP A GRANXA segundo o seguinte programa:

CICLO MEDIO DE ACEITES DE OLIVA E VIÑOS: Mércores 12/07/2023, presentación ás 11:30 ata as 14:00h

CICLO MEDIO DE XARDINARÍA E FLORARÍA: Xoves 13/07/2023, presentación ás 11:30 ata as 14:00h

CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL: Venres 14/07/2023, presentación ás 11:30 ata as 14:00h

 

A PRESENTACIÓN E ENTREVISTA TEN CARÁCTER VOLUNTARIO.

O luns 17 de xullo publicaranse as prazas adxudicadas por empresa nesta primeira quenda, as de espera e as vacantes, iniciándose o prazo de matriculación da primeira adxudicación do 18 ao 26 de xullo.

 

 

FPDual

 

 

 

 

Distribuir contido