Skip to Content

Lingua Galega

FOTOS VISITA CULTURAL A SANTIAGO

 

CORRELINGUA 2014

O alumnado de 3º e 4º de ESO participará tamén este ano no Correlingua que se celebrará durante a mañá do xoves 15 de maio na Coruña, a actividade final que poñerá o ramo a moitas outras actividades en que viñeron participando como o concurso de redacción de manifesto e de vídeo.

Acompañará o alumnado as profesoras Carmen Aneiros e Mercedes Queixas.

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL CO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (A CORUÑA)

Por segundo ano consecutivo, o CPI Acalde Xosé Pichel participa nun intercambio lingüístico-cultural co IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña).

O pasado 10 de abril o noso centro foi anfitrión da primeira parte do encontro que nos levou a partillar unha xornada de convivencia na que presentamos unha pequena mostra da nosa comarca: o dolmen de Dombate, a vila mariñeira de Laxe, a pontecesá pondaliana e o refuxio de Verdes.

Participou nesta actividade alumnado de todos os niveis de ESO xunto ás profesoras Mª Xosé Rodríguez, Mercedes Queixas e a orientadora Mabel Ulloa.

 

 

INTERCAMBIO CO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO DA CORUÑA. CURSO 13-14

Este xoves 10 de abril unha representación de alumnado e profesorado do centro participará, por segundo ano consecutivo, no intercambio lingüístico-cultural co IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña.

O alumnado participante no club de lectura xunto ao colaborador do Equipo de dinamización da lingua galega e mais aquel gañador dalgún dos diferentes concursos convocados ao longo do curso no centro participarán na reedición desta actividade. Elas e eles serán anfitrións da recepción no noso centro e guías dunha visita pola comarca que nos levará ao Dolmen de Dombate e mais ás vilas de Ponteceso e Laxe. O xantar comunitario será, se a climatoloxía non o impide, no espazo natural de Verdes, onde prolongaremos a convivencia até as 17:30.

Despois do intercambio de comunicación postal e electrónica celebrado desde xaneiro, así como de encontro nas redes sociais nunha conta de facebook (Ramón Otero Pedrayo) e outra de twitter (@Linguamoza), creadas para a ocasión, e xestionada polo profesorado participante, chega a hora do encontro presencial.

Acompañarán as profesoras María Xosé Rodríguez, Mercedes Queixas e a orientadora Mabel Ulla.

Seguiremos informando..

ENCONTRO CO ESCRITOR FRANCISCO CASTRO

No marco da Semana cultural que celebramos no centro esta semana, arrancamos o luns, entre outras actividades, cun duplo encontro co escritor Francisco Castro.

En primeiro lugar, o autor mantivo un encontro coa sección de 3º e 4º ESO do Club de lectura, Coristranca, para dialogar sobre o proceso creativo da súa última novela, O corazón da Branca de Neve, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2013.

A continuación, Francisco Castro mantivo un novo encontro co alumnado de 1º ESO, lector de Chamádeme Simbad, outra novela da súa autoría moi exitosa.

Podedes ver aquí unha pequena mostra das fotos do encontro.

O CLUB DE LECTURA DE 4º ESO NO PROGRAMA DE RADIO "A FUME DE CAROZO" (II)

O pasado martes 28 de xaneiro unha sección do club de lectura de 4º ESO gravou o programa "A fume de carozo" que puxo á súa disposición Radio CUAC FM e que xa se pode escoitar íntegra clicando neste enlace.


Moitas grazas ao técnico Roberto Catoira pola colaboración prestada antes e durante o proceso de gravación desta primeira aventura radiofónica.

Parabéns a Jenny, Lucía, Judith e Katiana, magníficas locutoras e cómplices lectoras!!!

O CLUB DE LECTURA DE 4º ESO NO PROGRAMA DE RADIO "A FUME DE CAROZO"

O martes 28 de xaneiro unha representación da sección do club de lectura de 4º ESO, constituída polas alumnas Judith Martínez, Jennifer Jiménez, Katiana Veiga e Lucía Ramos desprazaranse á Coruña, á sede da emisora universitaria RADIO CUAC FM para gravar o programa "A fume de carozo".

O programa emitirase en directo entre as 5 e as 6 da tarde e poderá seguirse desde calquera destas opcións:

 - No dial 103.4 da FM na comarca da Coruña.
 - En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e pulsar o botón "En directo".
 - En diferido, onde tamén se poden escoitar todos os nosos programas xa emitidos, desde a web www.blogoteca.com/afdcblog.



Agardamos que vos guste moito!

NOTICIA SOBRE O ENCONTRO DE MARÍA SOLAR NO NOSO CENTRO EN LA VOZ DE GALICIA

"La Voz de Galicia" publicou na súa edición dixital unha noticia sobre o encontro de María Solar co alumnado de 3º ESO que tivo lugar o pasado xoves 28 de novembro no noso centro.

Premede aquí para acceder á noticia.

MARÍA SOLAR VISITA O NOSO CENTRO

Este próximo xoves 28 de novembro o alumnado de 3º ESO manterá, na primeira sesión da mañá, un encontro coa escritora e xornalista María Solar, autora da novela As meigas de Lupa. Despois de viaxar entre o século I e mais o XXI con esta lectura e escoitar a súa banda sonora, é hora de nos encontrarmos coa autora para coñecer os pousos máis íntimos do seu proceso de escrita.

Distribuir contido


by Dr. Radut