Skip to Content

Lingua Galega

COMPOÑENTES DO DEPARTAMENTO. CURSO 22/23.

María Martínez (Xefa do Departamento)

 

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. 

 

Dúas alumnas do CPI Alcalde Xosé Pichel, premiadas no certame “Relatos de Primavera”

As alumnas de 4º de ESO Laura Fernández e Nuria Antelo foron galardoadas na IV edición do certame Relatos de Primavera que organiza a delegación de Bergantiños de La Voz de Galicia xunto coa empresa conserveira Grupo Calvo.

Laura Fernández recibiu unha das mencións deste concurso polo relato A choiva, mentres que Nuria Antelo foi recoñecida polo texto Existen eses días... Ambas recibiron senllos agasallos e diplomas de mans dos responsables da empresas organizadoras do certame.

Parabéns ás premiadas, e moitas grazas tamén ao resto do alumnado que participou no concurso. En Coristanco hai canteira literaria, así que... a seguir escribindo!

A CHOIVA. RELATO DE LAURA FERNÁNDEZ

EXISTEN ESES DÍAS... RELATO DE NURIA ANTELO

RELATOS DE PRIMAVERA 2021

 

 

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Departamento de Lingua e Literatura Galegas

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA.

O Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco convocan as seguintes actividades co gallo da celebración do Día de Rosalía, o próximo 24 de febreiro. 

(Premede na imaxe para ver o cartaz en grande)

 CONCURSO FOTOGRÁFICO OBXECTIVO ROSALÍA

 

(Premede na imaxe para ver o cartaz en grande)

            • Pode participar nel todo o alumnado de Secundaria do CPI Alcalde Xosé Pichel.
            • En cada curso repartiranse dous poemas da autora homenaxeada (xa están colgados no taboleiro).
            • Entre eles, teredes que escoller un para realizar unha foto relacionada co contido do texto.
            • O prazo de entrega remata o venres, 19 de febreiro.
            • Antes desa data, aquelas e aqueles que queirades participar tedes que enviar un correo electrónico a mariaprofegalego@gmail.com ou a cajaraville@gmail.com.
            • Ese correo levará como documento adxunto un arquivo .pdf co poema elixido, o voso nome e a fotografía presentada a concurso coa maior resolución posible.
            • O mércores 24, coincidindo coa efeméride do 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, daranse a coñecer as persoas gañadoras do certame.
            • O xurado elixirá un traballo por curso, e os seus autores/as recibirán un agasallo.

 

 

 

 

UN XARDÍN PARA ROSALÍA

 

(Premede na imaxe para ver o cartaz en grande)

  • Os días 22 e 23 de febreiro, aqueles e aquelas que queirades participar podedes traer o elemento vexetal que vos pareza máis acaído (unha flor, unha folla, unha herba, unha semente, unha froita...).
  • Eses dous días haberá unha mesa a carón da conserxería para colocar  os traballos recibidos.
  • O motivo vexetal que traiades deberá ir acompañado dun pequeno texto poético da vosa autoría e relacionado con ese elemento.
  • Os textos poden ir desde un pareado (dous versos que riman entre si) ata a extensión que vós queirades. 
  • O día 24 de febreiro, conmemoración do 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, faremos unha exposición con todo o material recibido.
  • As mellores propostas poéticas  subirémolas á páxina web do centro para que todo o mundo poida lelas!

 

CONVERSAS CON LEDICIA COSTAS

O próximo 1 de abril, coincidindo coa celebración da Semana Cultural do centro, estará connosco a escritora Ledicia Costas.

Unha primeira charla-coloquio  xirará arredor da  obra Recinto gris,  lida por todo o alumnado de 1º ESO.

Nunha segunda quenda o encontro será co alumnado do Club  de lectura de 2º, 3º e 4º ESO arredor dunha das últimas publicacións da escritora: Infamia.

 

Todo un pracer tela entre nós !!!

 

CARTEL EN PDF

 

 

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA.

O pasado xoves 20 de decembro o alumnado de 3º e 4º ESO desprazouse a Santiago de Compostela para visitar o Museo de Historia Natural e dúas exposicións centradas no pensamento e na obra de Castelao: "Castelao Maxistral", na Cidade da Cultura e "Alba de Gloria" no Panteón de Galegos Ilustres. 

 

Acompañaron o alumnado as profesoras Pilar Espido, Concha Martínez e Mercedes Queixas.

 

 

INTERCAMBIO CO IES OTERO PEDRAYO (A CORUÑA)

Unha das actividades que inician o peche do curso do club de lectura do noso centro é o intercambio co alumnado lector do IES Otero Pedrayo da Coruña. Este ano non ía ser menos e no noso blog permanece en imaxes a lembranza desta estupenda xornada compartida, así como o noso agradecement pola impecábel organización do noso centro amigo lector.

Máis información no blog CORISTRANCA, A LECTURA CON RETRANCA

NOVO EQUIPO DO CLUB CORISTRANCA NA RADIO CUAC FM

O martes 20 de febreiro o club de lectura do centro "Coristranca, a lectura con retranca" volveu emitir un novo programa en radio CUAC FM. Desde o blog do club de lectura xa está accesíbel o enlace para volver escoitalo.

Parabéns para o equipo de guionistas de 4º ESO!

 

RECOÑECEMENTO AO NOSO CLUB DE LECTURA

O proxecto do Club de Lectura do noso centro, "Coristranca, a lectura con retranca", acaba de ser recoñecido como un dos mellores da Costa da Morte, xunto co IES Fin do Camiño de Fisterra, e con maior dotación económica, que redundará na mellora da dotación bibliográfica da biblioteca, así como no desenvolvemento dun completo programa de actividades que achegará o libro e a lectura en galego á comunidade educativa.

Como mostra do traballo colectivo que se vén desenvolvendo desde hai 8 anos, cómpre recoñecer a implicación activa dunha parte do profesorado, do alumnado, das familias e mesmo de exparticipantes que seguen a participar no club de lectura presencialmente ou a través das redes dixitais, nomeadamente do blog, que convidamos a visitar.

Distribuir contido


by Dr. Radut