TALLER DE PUPAS, PUPITAS E OUTROS DISGUSTOS

   Empezando o 2º trimestre, o alumnado de 3º e 4º tivo a sorte

de participar nun taller de primeiros auxilios. Nel aprenderon

como enfrontarse a moratóns, pequenos cortes e picaduras sen

asustarse. Por último, coñeceron un pouco máis de cerca a

técnica da RCP que practicaron cos seus bonecos coa axuda dos

voluntarios. Un taller estupendo!