LETRAS GALEGAS 2020 NO CPI ANTONIO FAÍLDE

E despois dos profesores/as, agora é o turno dos RAPACES!!!!!

Para rematar o mes das Letras Galegas aquí vos deixamos estas estupendas propostas de lectura dos nosos alumnos, coa implicación de toda a familia!!!!!

¡Feliz vida en Galego!!!!

    Jaqueline Diz Pavón de 1º de ESO B

    Aí ven o Maio con Jose Antonio Ledo  de 3º de ESO

PRÉSTAMO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 20/21

 

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDE NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/21

 

ORDE DE REGULACIÓN: Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021. (DOG de 19 de maio de 2020)

 

PRAZO: DO 20 MAIO AO 19 DE XUÑO

 

DOCUMENTACIÓN: SOLICITUDE (ANEXO I) E ANEXO II DEBIDAMENTE CUBERTOS E ASINADOS.

 

O formulario de solicitude estará dispoñible:

a) No portal educativo, no enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

d) No arquivo que se achega nesta información.

 

PRESENTACIÓN:As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=ED330B

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

LETRAS GALEGAS 2020 NO CPI ANTONIO FAÍLDE

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e este ano dedicaselle ao escritor e profesor 

           Ricardo Carvalho Calero.

Aínda que a Real Academia Galega decidiu aprazar os actos de celebración ao mes de outubro, desde o noso centro queremos festexar este día e darlle o impulso ás nosas letras dende as nosas casas.

Deste xeito, realizaremos unha serie de actividades sobre as letras galegas ao longo da vindeira semana.

E para ir abrindo boca... e animarvos....comezamos coas achegas do profesorado que nos abre a porta das súas casas e nos falan das súas escollas literarias.

           EN GALEGO, DENDE A CASA!  

        FELIZ MES DAS LETRAS GALEGAS!

Preme aquí para ver os primeiros videos

Mais videos aqui

AVISO PARA AS FAMILIAS

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES  PARA A ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

PRAZO DE PRESENTACIÓN: DO 11 AO 18 DE MAIO

HORARIO DE ATENCIÓN DO CENTRO: DE 10 A 13 HORAS

ATENCIÓN:  ESTE PRAZO É SÓ PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO.

Para máis información sobre o proceso de admisión pódese consultar o apartado do mesmo nome na marxe esquerda da páxina, no bloque denominado CENTRO.

INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para ver o arquivo preme aquí

Distribuir contido