Localización, Consello Escolar, Secretaría, Historia, Oferta, Ámbito, Horario, Alumnado, Ciclos, Proxectos

Horario lectivo

 

 

O horario de setembro e xuño en xornada continuada é dende as 9:15 horas a 14:00 e a continuación o comedor ata aproximadamente as 14:45 horas.

Nos demais meses o horario en xornada partida é o seguinte:

HORARIO LECTIVO

 

ED. INFANTIL E PRIMARIA
 
ESO
SESIÓNS
TEMPORALIZACIÓN
SESIÓNS
TEMPORALIZACIÓN
9:30 -10:25
9:30 -10:20 CLASE
10:25-11:20
10:20 -11:10 CLASE
 
11:20 -11:45 RECREO
11:10 -12:00 CLASE
 
11:45 - 12:05 LECTURA
   
12:05 -13:00
 
12:00 -12:20 RECREO
 
13:00 - 13:30 COMEDOR
12:20 -13:10 CLASE
14:30 -15:15
13:10 - 14:00 CLASE
15:15 - 16:00
 
COMEDOR
   
14:30 -15:10 (Luns Mércores e Venres) RECREO
14:30 -15:15 (Martes e Xoves) CLASE
15:10 -16:00 (Luns, Mércores e Venres) CLASE
15:15 -16:00 (Martes e Xoves) CLASE

 

 

Oferta educativa

No noso centro impártese toda a ensinanza obrigatoria (Curso 2023-2024)

  • Educación Infantil de 3 a 6 anos

 63 alumnos/alumnas

  • Educación Primaria de 6 a 12 anos

154 alumnos/aluMnas

  • Educación Secundaria Obrigatoria de 12 a 16 anos

110 alumnos/as

HISTORIA DO CENTRO

O Colexio público de Cambeo, foi creado no ano 1975 co nome de Colexio de EXB "Luis Carrero Blanco". Actualmente leva o nome do ilustre escultor "Antonio Faílde", artista ourensán que nado nesta capital no ano 1.907, e vivindo a súa infancia no concello de Piñor de Cea, mantivo ligada boa parte da súa vida, na época da madurez, ó concello de Coles, dándose incluso a circunstancia de que a maioría dos seus netos acudiran a este Centro para recibi-las súas primeiras ensinanzas, e, no caso dalgún deles, para levar a cabo os cursos de Prácticas correspondentes á Diplomatura de Mestre en Educación Primaria. Hoxe en día, os seus restos descansan na parroquia de San Eusebio de Coles, parroquia a que pertence a aldea de Bamio de Cima na que o escultor monumental viviu parte de súa vida, lugar no que probablemente, xunto co pobo de Gustei no que etá afincada a súa familia, deseñara boa parte das súas obras maestras.
O colexio acolleu no seu inicio ó alumnado das escolas unitarias procedentes dos concellos de Coles e Vilamarín, concentrando naquel chamado macrogrupo escolar, Lourenzo, A Silva, A Barra, Vilar da Barra, Ferreiros, Vilarchao, Cambeo, Vilarnaz, Gustei e O Viso, pertencentes o concello de Coles. Por parte do concello de Vilamarín acudiron a este Centro as unitarias de Pazos de Monte, Río, Vilamarín, León, Sobreira, O Xen, Bouzas, Tamallancos, Orbán, San Ciprián e A Pena.
En anos posteriores incorporouse alumnado procedente de pobos que pertencen ós concellos de Amoeiro, A Peroxa e Ourense e que pola súa proximidade a este concello, lles resulta máis doado asistir a este Centro.
Durante o ano académico 2000/2001 trasladouse ó colexio o alumnado de Educación Infantil, procedente da escola de Migodevila (Barra de Miño), xunto coa súa profesora, producíndose pois no ano 2000, a derradeira supresión das escolas unitarias da área de influencia do Colexio Antonio Faílde.
Coa implantación da ESO, no ano 1996, o colexio transfornouse nun Centro Público Integrado no que se imparten as etapas educativas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
 

Mapa provincial

Estamos na marxe esquerda da estrada Nacional 525, a 9 Km aproximadamente saíndo dende Ourense capital, para Santiago, no termo municipal do concello de Coles, parroquia de S. Estevo de Cambeo.

vista entrada

 

Mapa provincial
Distribuir contido