Skip to Content

Actividades Complementarias

   

     O martes 13 de novembro o alumnado de francés de 3º e 4º de ESO foron a Santiago ver unha obra de teatro en lingua francesa que se titulaba “BON VOYAGE”:unha simpática historia de tres adolescentes que se van de viaxe de fin de curso a Bruselas. Por un problema de equipaxe acaban viaxando polo mundo francófono (Quebec, Illa da Reunión, Tahiti…) e todo resulta ser moito máis emocionante. Ao finalizar a representación María Aguión subiu ao escenario con tres rapaces/rapazas máis e o fixo moi ben. Ademáis, aproveitando o bo tempo tamén demos un paseo por Santiago:

   
   

 Estivemos coas dúas  Marías. Anímovos a tod@s a coñecer a vida destas dúas peculiares mulleres-http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=213. Sentámonos con Valle Inclán a parolar un rato e seguimos camiñando un pouco máis para disfrutar da fermosura da catedral. Finalmente ao regreso pasamos polo Obradoiro e botámoslle unha ollada ás gárgolas do Hostal dos Reis Católicos que tamén teñen a súa gracias. 

 



page | by Dr. Radut