Skip to Content

Cursos anteriores

Calendario exames de setembro 2018

Nós

Esta é a nova páxina web do colexio. O CPI Armando Cotarelo Valledor tentará, da forma máis minimalista posible, reflectir todo aquilo que aconteza no noso centro educativo. Toda a información que precisen estará ubicada nos enlaces superiores e laterais (dereitos e esquerdos) da web. Nos vindeiros meses iremos actualizando e reformando este espazo para que sexa o máis útil posible tanto para vostedes como pais, nais e alumnado da escola como para nós. 
Moitas grazas por formar parte da nosa comunidade educativa.

O noso horario de secretaría abrangue de luns a venres de 09:00h a 14:00h

Para calquera dúbida pode atoparnos no 981516245

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO
                                                            CURSO 2017-2018

Extracto da Orde do 16 de marzo de 2017 (.Pdf

Orde do 16 de marzo de 2016 (.Pdf)

Documentos para Imprimir (.Pdf)

 

 

 

 

Hoxe 12 de maio de 2017 facemos pública a listaxe das admisións

de alumano definitivas para o vindiero curso 2017-2018

 


PARA VER A LISTAXE DEBERASE FACER CLIC NA FOTO 

 

ABERTO PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO ACADÉMICO 2017-2018

 

  

                                   (Facer clic na foto para descargar documento)

 

Outros documentos relacionados:

Orde do procedemento de admisión do alumnado

Relación de Vacantes Ofertadas 

Intrucción Comedores Escolares

Transporte Escolar

 

 

 

 

 

ART EVERYWHERE!!!

 

Este curso, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria sacaron o seu lado máis creativo e orixinal para decorar unha cadeiras. Aproveitamos que moitas delas estaban moi deterioradas para darlles un cambio e renovalas.

Traballaron por parellas e en pequenos grupos para deseñar, visualizar e traballar nelas e así, en conxunto, acadar tan bo resultado. Quedaron xenial!!

Están expostas polos corredores do colexio polo que podedes pasar a velas cando queirades!

NICE TO MEET YOU!!!

O 31 de maio recibimos a visita dunha familia de orixe británico, concretamente de Cornwall (a zona vermella do mapa),  que viñeron a pasar o día connosco e a coñecer o noso cole. Tivemos a oportunidade de falar con eles e a nai, Fritha, explicounos algunhas cousas da súa cultura. Disfrutamos moito coa súa visita. Grazas por vir Finn, Archie e Fritha! Volvede outro día de visita!

Thank you for coming! 

 

 

O BIGOTE DE MIMÍ

We say bye to Marcus

Onte o alumnado de ed. primaria e secundaria das seccións bilingües, mestres e demais persoal do centro despedimos ao noso auxiliar de conversa deste curso: Marcus. 

Foi unha gran oportunidade poder contar con él xa que nos ensinou moitas cousas do idioma e dos costumes norteamericanos sempre cun sorriso.

Thank you, we will miss you!

"O bigote de Mimi" (1º 2º EP) - TRAILER

Let´s make a change .... in the classroom!

Decorative paperweights

FESTA DE ANIVERSARIOS ... CELEBRÁMOLOS TODOS XUNTOS!!

Alumnos de 1º e 2º con Noelia, a profe de prácticas

CHRISTMAS NAPKIN HOLDERS

 

                                                                               Alumnos/as de 5º

Este pasado Nadal, os alumnos e alumnas de 5º traballaron con agulla e fio para fabricar uns bonitos servilleteiros que axudarían a decorar as súas mesas nas comidas destas festas, todos con motivos navideños: árbores, bolas, bonecos de neve, corazóns...

 

 

LET IT SNOW!

                                                                       Alumos/as de 3º e 4º

Este Nadal empregamos materiais que temos pola casa e con eles conseguimos facer un fermoso boneco de neve. Cun pouco de maña e paciencia sairon todos precisos e todos diferentes!!

 

VISITA DE XURXO MARIÑO

Hoxe, 19 de abril, o divulgador científico Xurxo Mariño, visitou o noso centro para falarnos do percorrido que fixo arredor do mundo recopilando experiencias e curiosidades científicas. Durante algo máis dunha hora convertímonos en viaxeiros. Deixámosvos unha fotografía tomada durante a presentación. 

 

Recordámosvos que na biblioteca temos o seu libro "Neurociencia para Julia" na que o autor fai un estudo moi interesante do funcinamento do noso cerebro. 

 

 

 

THANKSGIVING

                                                           Alumnos/as de 3º e 4º

Este foi un dos traballos que fixemos co noso auxiliar de conversa Marcus alá polo mes de Novembro.

Con él aprendimos que é Thanksgiving e por que se celebra. Para celebralo nós aquí fixemos un "turkey" (pavo) empregando as nosas mans e pés.

Quedounos xenial!

THAT'S HOW WE BUILD OUR ZOO

 

Os discentes de 1º e 2º de Primaria, modelaron os animais favoritos para o seu zoo particular na asignatura de Plástica Bilingüe.

COMING SOON...

"As Forzas Invisibles". Estudo previo e experiencias na visita ao escultor Asturiano "Herminio Álvarez".

Vídeo-creación educativa, realizada con motivo da visita ao taller do escultor asturiano "Herminio Álvarez", na "Viaxe á Neve" de fin de estudos. (6 de Ed. Primaria - curso 2015_16).

Elaborado co alumnado de 6º dos centros CPI Armando Cotarelo Valledor (Boimorto - A Coruña) e CEIP de Monterroso (Lugo).

Tamén participan no vídeo alumnos de 1º da ESO do CPI Armando Cotarelo Valledor (3 ex-alumnos do CEIP Virxe do Portal de Sobrado dos Monxes e outros 3 do noso propio centro). Contan as lembranzas da súa experiencia do ano anterior na mesma visita.

VÍDEO DO DPTO. DE PLÁSTICA. NADAL_2015

VÍDEO DO DPTO. DE PLÁSTICA.CURSO 2014-15

"Roteiro Mariñeiro"

CADERNO ORIENTACIÓN ACADÉMICA

 

Consulta o Caderno de Orientación Académica e prepara o teu futuro.

 

 

MENSAXES NUNHA BOTELLA_DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA_1º ESO_CURSO_2014-15

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA, OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º ESO DECORAMOS UNHAS BOTELLAS PARA LOGO METER DENTRO O NOSO MANIFESTO POLA PAZ.

 

OBERVACIÓN DOS MOFOS CON AXUDA DO MICROSCOPIO

CON ESTA PRÁCTICA DE LABORATORIO PRETENDEMOS QUE O NOSO ALUMNADO DE 1º ESO SE FAMILIARICE CO USO DO MICROSCOPIO ÓPTICO E APRENDA A PREPARAR UNHA MOSTRA DE MOFOS PARA OBSERVALA DESPOIS. AS FOTOS CORRESPONDEN AO CURSO 2014-15

 

TRÍPTICOS_LUGARES CON ENCANTO_PROI_CURSO_2013-14

Estes son os trípticos realizados polo alumnado de 1º ESO na materia de Proxecto Interdisciplinar durante o curso 2013-14, onde incluíron información do lugar con encanto do mundo escollido por cada un deles. A actividade dirixiuna a profesora de Plástica.

    

VISITA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO

Estas fotografías corresponden á visita que os alumnos de 2º ESO realizaron ao parque eólico de Sotavento no curso 2013-14. Esta actividade foi programada entre os departamentos de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía.Participaron na mesma alumnos/as de 2º,3º e 4º ESO.

O ciclo da auga

VÍDEO DO DPTO. DE PLÁSTICA. PROXECTO LECTOR. CURSO 2012-13

ANIMAIS SINGULARES DE GALICIA_Curso 2012-13

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este é o traballo que fixeron os alumn@s do PROI sobre nove "animais singulares"de Galicia. A profesora de Plástica axudounos unha vez máis a plasmar nun mural estes traballos.

VÍDEO DO DPTO. DE PLÁSTICA. CURSO 2013-14

XANCIÑO O LIBRIÑO

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA - ERIC CARLE

Os nenos e nenas de infantil (3, 4 e 5 anos)  cóntannos as intrepidas aventuras de "UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA". Conto do escritor de multitude de historias para os máis pequenos, Eric Carle.

Esperamos que vos guste!

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DOS TRES CONCELLOS_Curso 2012-13

O alumnado de 1º ESO elaborou coa súa profesora de Matemáticas un estudio demográfico de Boimorto, Vilasantar e Sobrado.

 
 
 
 
 

OS ALUMNOS/AS DE 2º ESO VISITARON O MUSEO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA DA CORUÑA

O 23 de abril o alumnado de 2º ESO, PCPI e 4º ESO visitaron o MUNCYT.

 

O ILUSTRADOR IVÁN SUÁREZ VISITA O NOSO CENTRO

O ilustrador Iván Suárez achegouse ao noso centro na Semana do Libro e explicoulles aos nen@s como ilustrar un cómic. Tamén se traballou a expresividade facial.

 
   

 

PRÁCTICA DE LABORATORIO: CÁLCULO EMPÍRICO DA DENSIDADE

O alumnado de 1º ESO no laboratorio.


VÍDEO DO DPTO. DE PLÁSTICA. CLAUSURA DO CURSO 2009-10

VÍDEO DPTO. DE PLÁSTICA. CLAUSURA DO CURSO 2008-09

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

VÍDEO DO DPTO. DE PLÁSTICA. CLAUSURA DO CURSO 2009-10

VÍDEO DO DPTO. DE PLÁSTICA. CLAUSURA DO CURSO 2010-11

VÍDEO DPTO. DE PLÁSTICA. CLAUSURA DO CURSO 2011-12

4º CONCURSO DE FOTOGRAFIA MATEMÁTICA

BASES DO 4º CONCURSO

de fotografía matemática

       ¿QUEN PODE PARTICIPAR?

       O concurso está aberto a todo o alumnado do centro e preséntase a dous niveis:

·       Nivel grupo: alumnado de Infantil e dende Primeiro ata Sexto de Primaria. Estes grupos estarán asesorados pola persoa responsable da súa titoría.

·       Nivel individual: ESO e PCPI.

 

       TEMA

       Ten que estar relacionado coa ciencia Matemática en calquera das súas manifestacións: números, álxebra, figuras xeométricas, corpos no espazo, azar e probabilidade….

 

        As imaxes pódense obter da Natureza ( flores,follas…), da Arquitectura, da Escultura, do Deseño Gráfico, da Artesanía e… en xeral, da vida cotiá. Non estará permitido o uso de cámaras fotográficas nen outros dispositivos móviles que permitan recoller imaxes dentro do recinto escolar, agás que sexa baixo a supervisión dun profesor do centro.

 

       PRESENTACIÓN

       Cada persoa ou grupo pode presentar un máximo de dúas fotografías.

       Cada fotografía deberá ir acompañada dun LEMA ou  FRASE alusivo ao concepto matemático obxecto da fotografía, e deben enviarse ( a fotografía e mailo lema) á dirección de correo electrónico: matematica.fotografia@yahoo.es

 

       PRAZO

Admitiranse fotografías presentadas ata o Martes, 30 de Abril do 2013.

 

       XURADO

Actuarán coma xurado as persoas do Departamento de Matemáticas.

Valorarase a orixinalidade e idoneidade do título, a calidade técnica e plástica da imaxe, o seu contido matemático e maila explicación dada.

 

       PREMIOS

A nivel de grupo outorgarasen premios consistentes en vales de 20 € para cada grupo, para empregar en material didáctico para  aula.

 

A nivel individual outorgaranse dous premios:

·       Para o alumnado do 1º ciclo de ESO un MP4

·       Para o alumnado do 2º ciclo de ESO ou PCPI un MP5 ou unha cámara fotográfica dixital.

 

       USO DAS IMAXES

As fotografías premiadas serán  expostas no centro, quedando a disposición do Departamento de Matemáticas.

O Departamento de Matemáticas resérvase o dereito a empregar as obras presentadas para usos didácticos.

 

 

 

 

“Las matemáticas poseen no sólo la verdad, sino cierta belleza suprema.Una belleza fría y austera, como la de una escultura.”

 

Bertrand Russell (1872-1970)

Filósofo, matemático y escritor inglés

PROXECTOS QUE IMOS DESENVOLVER NO TALLER DE TECNOLOXÍA NO CURSO 2014/15

Este ano a organización dos proxectos será a seguinte: 

a) En 2º ESO, en colaboración co PROI e coa temática da biblioteca do centro, realizaremos un xogo de luces para traballar os nomes dos peixes en inglés e francés. Posteriormente, realizaremos un coche cun motor eléctrico. 

b) En 3º ESO deseñaremos e constuiremos un sistema de apertura automática dunha barrera. 

c) En 4º ESO e 4º PDC realizaremos diferentes montaxes electrónicos nunha placa Arduino (deseño dun semáforo, unha célula fotoeléctrica, etc.). E no campo da neumática e hidráulica construiremos unha pala excavadora. 

 

OUR VILLAGES_AS NOSAS ALDEAS_Curso 2012-13

 

Con este traballo da área de Inglés, pretendeuse que o alumnado de 1º ESO poña en valor e presuma do que a súa aldea posúe e ofrece aos demais: un carballo, unha casa grande, un muíño, os bosques...

Agradecemos a colaboración do departamento de Plástica no deseño e confección da presentación dos traballos.

 

 


PLANTAS MEDICINAIS DA NOSA CONTORNA_Curso 2012-13

 

Desde a materia de Ciencias da Natureza tamén quixemos aportar o noso grao de area a este Proxecto Interdisciplinar. Este é o resultado do noso traballo de investigación sobre as plantas medicinais. Axudounos unha vez máis a profesora de Plástica na confección deste mural. O noso agradecemento a Mariam por axudarnos na exposición do traballo.

FACENDO PAISAXES DESDE A NOSA HISTORIA_Curso 2012-13

 

Este é o traballo que fixeron os alumnos e alumnas de 1º ESO na materia de Ciencias Sociais. Aproximáronse así, a partir do entorno e da Historia local, ao coñecemento do noso pasado nas primeiras etapas da Historia.

LET´S LEARN THE ENGLISH ALPHABET

A, B, C, D...

 

SUBLIMACIÓN DO IODO

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

LET´S SING WITH NUMBERS

NUMBERS SONG

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

LET´S PLAY WITH COLOURS

Neste video podemos aprender as cores en inglés dun xeito moi animado

MÚSICA E DANZA!!

 

A NOSA AULA DE MÚSICA: "Momentos"

 

          Video creación "Naturezas" 

 

             CONTO MUSICAL: "Xanciño" 

 

 

LINGUAXE Musical - (Parte 1)

 

(Parte 2)

 

 

TEORÍA E LINGUAXE MUSICAL - "LECTURA RÍTMICA" (Part 1)

 

TEORÍA E LINGUAXE MUSICAL - "LECTURA RÍTMICA" (Part 2-3)

 

 

Os Instrumentos Musicais

PARTICIPACIÓN NA I COMPETICIÓN DE ROBOTS DA ESCOLA DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL DE VIGO

Dous grupos de 4º de ESO participarán o vindeiro 24 de abril na I Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo. Para tal fin, deberán elaborar un robot que supere unha serie de probas basado no kit de robótica Arduino BQ. 

 

 

O pasado 24 de abril acudimos ao concurso de robótica á Escola de Enxeñeiros Industriais de Vigo. No caso de 4º ESO A, o coche iba bastante rápido pero nunha das curvas detívose (teremos que analizar na clase os motivos). No caso de 4º ESO B, o robot finalizou o circuito pero iba máis amodo, así que de entre 10 que había no tapiz quedamos de oitavos en canto á clasificación por tempos. Independientemente dos resultados, a actividades é moi gratificante e esperamos poder volver a participar. Agora toca aplicar melloras no taller en función do aprendido. Na presentación amósanse unhas imaxes tomadas durante a xornada. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA A GESTÁN

No próximo mes de marzo os alumnos de 2º ESO visitarán as instalacións da planta de Gestán.

 

 

Se queres saber máis sobre a planta visita a páxina da empresa

http://www.grupogestan.com/actualidad/GESTAN.pdf

Aquí tes fotos das visitas dos compañeiros de anos anteriores

ENGLISH PRIMARY TEACHER

OUR PROJECTS

 

En breve iremos presentando os proxectos realizados polos cursos de 5º e 6º na sección bilingüe.

A CIENCIA DOS SUPERHEROES

 O pasado 21 de outubro o alumnado de 3º ESO, 4º ESO (ciencias) e 4º ESO PDC acudiu a unha charla na sede da Fundación Barrié da Coruña baixo o título: "Espectáculo de ciencia: La ciencia de los superhéroes".
 Aproveitando que xa estabamos na Coruña completamos a xornada coa visita da Domus.

 

 

Deixamos unha fotografía da charla-coloquio e dúas instantáneas tomadas na Domus, nas escaleiras de acceso exteriores e no interior da mesma.

 

 

 

 

 

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 1º ESO_Curso 2012-13

 

 

Os alumnos/as de 1º ESO xa temos rematado o mural-guía onde aparece reflexado o traballo que imos desenvolver durante este curso 2012-13. O eixe do Proxecto Interdisciplinar este ano é Galicia.

Contamos co asesoramento do departamento de Plástica na confección deste mural.


 

MANUEL ANGEL: EXCURSIÓN A CORUÑA...

O próximo venres os alumnos de 4º de primaria van a ....

 

Acceder á páxina web

 

Acceder á páxina web

Suso de Marcos: ExpoMálaga

Actividades Complementarias

   

     O martes 13 de novembro o alumnado de francés de 3º e 4º de ESO foron a Santiago ver unha obra de teatro en lingua francesa que se titulaba “BON VOYAGE”:unha simpática historia de tres adolescentes que se van de viaxe de fin de curso a Bruselas. Por un problema de equipaxe acaban viaxando polo mundo francófono (Quebec, Illa da Reunión, Tahiti…) e todo resulta ser moito máis emocionante. Ao finalizar a representación María Aguión subiu ao escenario con tres rapaces/rapazas máis e o fixo moi ben. Ademáis, aproveitando o bo tempo tamén demos un paseo por Santiago:

   
   

 Estivemos coas dúas  Marías. Anímovos a tod@s a coñecer a vida destas dúas peculiares mulleres-http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=213. Sentámonos con Valle Inclán a parolar un rato e seguimos camiñando un pouco máis para disfrutar da fermosura da catedral. Finalmente ao regreso pasamos polo Obradoiro e botámoslle unha ollada ás gárgolas do Hostal dos Reis Católicos que tamén teñen a súa gracias. 

 



by Dr. Radut