Skip to Content

A nosa Biblioteca

A nosa Biblioteca

Está situada no segundo andar do CPI Armando Cotarelo Valledor. Neste espazo, ademais de atopar libros, poderás descubrir outros servizos que de seguro che serán de moia axuda:

  •  Espazo na rede: Oito ordenadores con conexión a internet e cos programas necesarios para a edición de textos e imaxes, por se precisas facer algún traballo.

  • Recuncho dos pequeniños: Os máis novos do centro atopan aquí un lugar adaptado ás súas necesidades, con acceso aos contos propios da súa etapa, e con mobiliario cómodo para que se poidan relaxar mentres len.

  • Traballamos en grupo: Nesta área da biblioteca, onde atopamos a sección de xeneralidades, unha mesa redonda achega aos grupos de rapaces que queiran reunirse para facer algún traballo en común.

  • Estudar tamén é ler: Hai postos axeitados para os que queren traballar nas tarefas das clases.

  • A sétima arte: Nesta sección temos dispoñibles para préstamo unha colección de DVDs.

  • Outra rede social: A nosa biblioteca tamén é o punto de xuntanza do CLUBE DE LECTURA "OS TROTAMUNDOS"

TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA SODES BENVIDOS!

 

Mochilas viaxeiras

Hoxe poñemos en marcha as mochilas viaxeiras, que sairán cara ás casas dos nenos e das nenas de Educación Infantil e Primaria.  
 
Esta actividade, promovida polo Equipo da Biblioteca, pretende unha maior implicación familiar no proceso lector do alumnado dende unha perspectiva lúdica: sacar a biblioteca fóra do centro e levala ata os fogares. Incluímos diferentes materiais e soportes para dar unha visión máis completa da biblioteca como centro de recursos, que alberga diferentes tipos de documentos en distintos formatos.
 
Estes materiais van acompañados dunha nota explicativa do seu uso e dunha lista dos materiais incluídos. Tamén dun diario de lectura onde, a través de palabras, debuxos ou fotos, o alumnado e/ou as familias, xustificarán que foi o que máis lles gustou.
 
Agardamos que vos gusten todas as ideas que vos presentamos. Grazas, familias, pola vosa colaboración!

8 marzo. DÍA DA MULLER

"Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino". Rosalía de Castro

 
Decoramos a porta principal coas mans feitas por todo o alumnado de Ed. Infantil e Primaria: UN GRAN TRABALLO!!!
 
 
 
Alumnado de 5º/6º de Ed. Primaria, de 1º e 2º de ESO participou neste vídeo: todos e todas están XENIAIS!!!!

Entroido 2021. Burro

 

HAI QUE FACERLLE CASO AO BURRO. XOVES...



by Dr. Radut