Skip to Content

Mochilas viaxeiras

Hoxe poñemos en marcha as mochilas viaxeiras, que sairán cara ás casas dos nenos e das nenas de Educación Infantil e Primaria.  
 
Esta actividade, promovida polo Equipo da Biblioteca, pretende unha maior implicación familiar no proceso lector do alumnado dende unha perspectiva lúdica: sacar a biblioteca fóra do centro e levala ata os fogares. Incluímos diferentes materiais e soportes para dar unha visión máis completa da biblioteca como centro de recursos, que alberga diferentes tipos de documentos en distintos formatos.
 
Estes materiais van acompañados dunha nota explicativa do seu uso e dunha lista dos materiais incluídos. Tamén dun diario de lectura onde, a través de palabras, debuxos ou fotos, o alumnado e/ou as familias, xustificarán que foi o que máis lles gustou.
 
Agardamos que vos gusten todas as ideas que vos presentamos. Grazas, familias, pola vosa colaboración!


page | by Dr. Radut